Onte coñecimos a decisión do Consello de Ministros de aprobar un novo Real Decreto Ley , mal chamado de reforzamento do sistema financieiro.
Hoxe aparece publicado no BOE, e así xá no PP de G, tras a reunión do Comité de Dirección ao que asistin, fixemos unha primeira valoración sobre o mesmo.
Este foi o noso posicionamento expresado polo secretario xeral Alfonso Rueda.
" Zapatero enganou a Galicia con respecto ao decreto feito público onte e considera que sempre planeou unha España sen caixas de aforro, que só dispoña de bancos.
Así se expresaba o dirixente popular trala reunión do comité de dirección do PPdeG, engadindo que a formación ten a convicción de que o Executivo, que foi dando bandazos semanais en todo este tempo, tiña perfectamente trazado o seu camiño desde o principio.
Para Rueda, ao Goberno central nin lle interesaba xerar máis crédito, nin a solvencia dasentidades financeiras, nin as cotas territoriais, nin o emprego e, nesta liña, lamentou que entidades que sobreviviron como tal décadas e mesmo séculos sucumbisen á política económica de Zapatero.
Con respecto a isto, Rueda subliñou que o que non lograron acontecementos de todo tipo - económicos, políticos e mesmo militares- logrouno o Goberno central: facer desaparecer un sistema de caixas que sobreviviu con xeracións e xeracións de españois.
Nesta liña, o número dous do PPdeG explicou que o longo e complexo camiño que iniciou Galicia hai 15 meses para manter a súa presenza no mapa financeiro español, que pasaba por unir dúas entidades de tamaño medio para crear un xigante que representaría a quinta maior caixa de aforros de España, se levou a cabo co convencemento de que o Goberno central quería que houbese comunidades con caixas e comunidades sen caixas, descoñecendo que a realidade era que só quería un país con bancos e ningunha caixa.
AS MALAS FORMAS DO GOBERNO CENTRAL
Segundo informou Rueda, o comité de dirección do PPdeG coincidiu en criticar as formas escollidas polo Goberno para acabar coas caixas. Así, para os populares galegos, o equipo de Zapatero actuou con deslealdade, xa que Galicia, como Comunidade, coñeceu pola prensa os pormenores do novo decreto xa que o Goberno central, demostrando unha vez máis a súa falta de lealdade institucional, non informou dos seus movementos ás autonomías.
Tamén o fixo con improvisación, posto que a ampliación do prazo para saír ao mercado que lle deu ás caixas, aínda que positivo, emenda as últimas manifestacións efectuadas pola vicepresidenta económica do Goberno; e con mentiras, alegando que a reforma está pensada para que se incremente o crédito, pero o crédito non fluirá nun país que non xera confianza e no que quen máis desconfianza produce é o seu propio presidente do Goberno.
Como apuntou Rueda, desde o PPdeG e desde a Xunta faráse todo o humanamente posible para que Zapatero non poida celebrar a saída definitiva de Novacaixagalicia deste territorio e, polo tanto, os populares defenderán ante quen faga falla que a entidade é solvente, porque así o garantiu o número dous do Banco de España.
Para Rueda, unha caixa made in Galicia é en Galicia onde debe ter a súa atención e base de operacións e iso tamén o defenderán os populares, así como que Novacaixagalicia debe seguir colaborando cultural, social, laboral e economicamente con Galicia e cos galegos.
Con respecto a isto, o secretario xeral do PPdeG informou de que o presidente da Xunta transmitiu ao partido que non se renderá e que esgotará todas as vías para manter o seu peso financeiro na Comunidade"