Hoxe participei en Santiago de Compostela na Convención do Partido Popular na que participa boa parte da estrutura e cargos do partido e a militancia en Galicia, así como a cúpula do partido a nivel nacional, representada por Cospedal e Rajoy.
Trátase dun evento cun formato aberto e moderno, sen discursos senón con coloquios e as mensaxes non teñen un único emisor senón que todos falan e escoitan de igual a igual, transmitindo libremente ideas e opinions.
Unha feliz iniciativa que remata mañá.
Segundo Miranda, os populares pensan nun partido concebido de portas para afóra e non pechado en si mesmo, unha formación que non se mide só pola capacidade para organizar eventos se mobilizar a súa infantería senón pola fortaleza que acompaña as súas ideas.

Por iso, o voceiro do PPdeG animou aos alí presentes a dar o mellor de si mesmos e poñelo ao servizo dun ben común, que é o PPdeG.