Hoxe na sede do Partido Popular participei nunha rolda de prensa cos meus compañeiros, Rosendo Fernández, deputado autonómico e candidato á alcaldía de Ourense e co concelleiro José Luís Sousa.
O tema polo que convocamos aos medios foi a situación da integración ferroviaria do AVE nesta capital.
Na miña intervención repasei dous acontecementos relevantes sobre a materia ocorridos desde o pasado 12 de xaneiro, data na que demos unha rolda de prensa sobre o tema.
Así o 2 de febreiro tivo lugar en Madrid unha reunión tripartita para estudar o borrador de protocolo proposto por Fomento e que finalizou sen acordo pero na que a Xunta presentou unha alternativa.
E tamén que o 11 de febreiro fíxose público un novo posicionamento do a CEO sobre o soterramento e a defensa da central de mercancías en San Cibrao ou a súa contorna. Plantexamento que eu comparto o cen por cen.
Recordei logo que estamos a mediados de febreiro de 2011 e aínda o Ministerio de Fomento non respondeu aos centenares de alegacións á integración ferroviaria formuladas en outubro de 2009, e que polo tanto 15 meses e medio despois non hai pronunciamiento escrito e oficial sobre o estudo informativo.
A continuación, en nome do PP como organización política que conta co maior respaldo dos ourensáns, expliquei con detalle que non hai razóns técnicas, nin económicas, nin de ámbito temporal que impidan o soterramento do AVE nesta cidade que é o modo de executar a mellor integración ferroviaria.
Tamén fixen repaso aos procesos de integración ferroviaria con soterramento noutras cidades de España nas que o Ministerio de Fomento aposta decididamente polo soterramento e non escatima orzamentos para levalo a cabo. E centreime no caso de Palencia e Vigo.
En próximas entradas deste blog detallaré esas infromacions.
Dixen que a chegada a Galicia, e en particular á cidade de Ourense, da liña ferroviaria de Alta Velocidade, supón unha enorme oportunidade para mellorar as infraestruturas de transporte actualmente existentes, coa finalidade de optimizar e potenciar os servizos de transporte público de viaxeiros.
Afirmei que constitúe unha extraordinaria ocasión para abordar unha actuación encamiñada a proxectar e executar un área de intermodalidade na que estean presentes a estación ferroviaria de Alta Velocidade e demais sistemas de transporte urbano e interurbano, con obxecto de facilitar o intercambio entre os viaxeiros de ferrocarril e outros modos de transporte.
Insistín en que non estamos ante un proxecto dun partido político, e que debería ser o de todos. Non é un proxecto calquera, é o proxecto máis importante do século.
Manifestei que non é boa a soberbia nin a prepotencia. E que debemos escoitar á sociedade, aos mellores, aos especialistas e tratar con respecto aos profesionais que achegan as súas ideas e coñecementos.
Dixen que é imprescindible abrir un proceso de diálogo e concertación para buscar a mellor solución que inclúa entre outras as seguintes actuacións:
. A remodelación do feixe de vías da estación para a súa adaptación á chegada da Alta Velocidade.
.A construción dun novo edificio destinado á prestación integrada dos servizos de estación ferroviaria e de autobuses, e a dotación das instalacións auxiliares necesarias para o seu correcto funcionamento.
.A ntegración da estación intermodal na trama urbana, asegurando a mobilidade e dando resposta ás necesidades de interconexión co resto de modos de transporte e sistema xeral viario.
E argumentei que con carácter previo á redacción dos proxectos, as partes: Ministerio de Fomento - con ADIF e RENFE -, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense debían comprometerse a contratar a realización dun estudo que analice, desde un punto de vista técnico e económico, a solución que debe levar a cabo en Ourense para facilitar a integración da nova estación intermodal e a infraestrutura ferroviaria anexa coa trama urbana, minimizando o efecto barreira sobre os desprazamentos transversais ao eixo das vías, e contemplando o soterramento.
Engadín que o estudo previo tamén analizará as posibilidades de liberar os terreos que actualmente ocupan as instalacións de Renfe Operador, trasladando devanditas instalacións a outra localización.
http://www.laregion.es/noticia/143504/xunta/rechaza/integracion/impuesta/foroave20101/
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/02/15/0003_201102O15C2991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/02/15/0003_201102O15C2994.htm
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=690446
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/15/pp-exige-blanco-discrimine-ourense-ave-cita-ejemplo-vigo/518460.html
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/PP/PSOE/culpan/demora/AVE/Ourense/elpepuespgal/20110215elpgal_5/Tes
http://www.ourensedixital.com/_novas/11/02/15_01.htm
http://www.laregion.es/noticia/143504/xunta/rechaza/integracion/impuesta/foroave20101/
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/02/15/0003_201102O15C2991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/02/15/0003_201102O15C2994.htm
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=690446
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/15/pp-exige-blanco-discrimine-ourense-ave-cita-ejemplo-vigo/518460.html
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/PP/PSOE/culpan/demora/AVE/Ourense/elpepuespgal/20110215elpgal_5/Tes
http://www.ourensedixital.com/_novas/11/02/15_01.htm