jueves, 3 de febrero de 2011

Falando en Radio Voz sobre o Acordo Social e Económico


Fai menos de tres horas que terminaba o habitual faladoiro que dirixe Antía Díaz Leal en Radio Voz, e na que unha vez máis participei.

Tratamos dous temas: o acordo social e económico e as revoltas e cambios políticos do norte de África.

Respecto do acordo social e económico subscrito onte entre empresarios, sindicatos e goberno, sinalei como aspecto positivo o reestablecemento do diálogo social en momentos críticos.

Opinei que o devandito acordo só ten concreción en algúns apartados en materia de reforma das pensións, e que hai aspectos nos que discrepamos, algúns nos que coincidimos e outros que non foron abordados. E dixen que unha vez que chegue o texto legal ao Congreso, estudaremos, e analizaremos o seu contido. Faremos entón enmiendas na liña do noso programa.

Dixen que a reforma do noso sistema de pensións é necesaria pero non garante o futuro se non hai crecemento do emprego e o certo é que a Seguridade Social segue perdendo cotizantes. Así mostreime moi preocupado polo dato de que desde que comezou a crise o noso sistema leva perdidos 2.131.102 afiliados cotizantes, e que o pasado mes de xaneiro perdéronse 223.143 afiliados. En definitiva dixen que por moita reforma das pensións que se pacte, se o sistema de financiamento non xera ingresos, seguirá en situación de risco.

Logo referinme a outros aspectos do acordo que non deixan de ser unha benintecionada declaración de obxdctivos como as referidas aos capítulos de políticas activas de emprego ou de política industrial, enerxética e de innovación.

Así dixen que vía ben o obxectivo de que se pretenda incentivar a contratación de máis de 100.000 mozos pero que a triste realidade é que temos un paro xuvenil do 43,6 % e 447.866 menores de 25 anos en paro.

Tamén falei de que a inasistencia ao acto de todos os partidos, salvo o PSOE, debeuse ao nulo interese do goberno en que isto ocorrese e que nin tiveron o detalle de facernos chegar unha copia do acordo que tivemos que baixarnos de Internet.

Concluín este tema afirmando de que máis aló do diálogo social é necesario procurar nas Cortes un amplo acordo para sacar adiante as reformas pendentes.

Finalmente falamos de como as revoltas que comenzaron en Tunisia estendéronse ao gran Exipto e manifestei a miña opinión sobre a necesidade de apoiar o proceso de transición pacífica á democracia destes países que anhelan unha auténtica democracia, a máis diso traballo e condicións de vida dignas.