Hoxe estiven no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela no acto de peche da Convención do PPdeG que grazas a unha excelente organización remata cun gran éxito pois despois de escoltar vemos que hai esperanza, ilusión e ideas
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, nun serio discurso asegurou que “cunha vitoria clara e contundente do PP nas eleccións municipais podemos comezar a arranxar os problemas de España e do PSOE”. Os de España, cun Goberno con criterio que planifique, xestione con eficiencia, rigor e resonsabilidade; e os que o PSOE ten actualmente en Galicia, que son, o primeiro, que alá onde goberna manda o BNG, o segundo, Manuel Vázquez e, o terceiro, Zapatero.
Alberto, aproveitou tamén a súa intervención para apuntar que xa abonda de perdas de tempo e de diñeiro, o que é sinónimo de bipartitos, posto que non podemos seguir perdendo o tempo con Gobernos en permanente disputa. Nin mantendo os seu sobrecustes –pagar dous gobernos-.
Afirmou que nos concellos gobernados polo PPdeG se reducirá como minimo un 30% os gastos en asesores, coches oficiais ou publicidade.
Tamén o noso presidente dirigente referiuse á ausencia de Zapatero en Galicia no mellor Xacobeo da historia, asegurando que o feito de que non a pisase non significa que non teña ningunha responsabilidade na Comunidade. Non obstante, Feijóo matizou que a ausencia continuada de Zapatero en Galicia é probablemente o único coherente que se lle coñece, posto que concorda coa súa falla de compromiso cos galegos; cun Goberno que tardou máis de seis anos en empezar a facer o AVE; cun Goberno que, en lugar de unir os intereses das comunidade, desune; que non respecta o Parlamento galego; e que quere que Galicia perda o seu patrimonio financeiro.
Nesta liña, Feijóo matizou que Zapatero non respeta a Galicia porque aí empezou a súa gran derrota electoral o 1 de marzo e vai continuar nas municipais, e ademais, non soporta que un galego como Mariano Rajoy o vaia derrotar nas xerais cunha política realista.
Alberto Núñez tamén falou da frustración dun Goberno, como o central, que tenta desfacer o que é incapaz de facer: unha política racional, eficiente, que sustente o Estado de Benestar e que beneficie aos cidadáns, tal e como fai o Goberno galego. Nesta liña, indicou que temos un Goberno central incapaz de facerse cun criterio financeiro e non cambialo cada día; de facerse cun criterio sobre o equilibrio nas contas, o déficit ou a débeda, e por iso tenta desfacer o traballado de comunidades que, como Galicia, cumpren coa Lei Orzamentaria. Trátase dun Goberno que gasta millóns en publicidade de xenéricos pero é incapaz de tomar medidas para fomentalos e quere botar por terra o Catálogo priorizado de medicamentos de Galicia.
Tamén lembrou a visita de Merkel a España e apuntou que mentres ela podía dicirlle a Zapatero que equilibrou as súas contas, priorizou investimentos, centrouse no emprego e asegurou prestacións esenciais, Zapatero só podería contestar que gastou o que non tiña en beirarrúas e xardíns co Plan E.
De seguido presidente do PP, Mariano Rajoy clausurou a convención do PP de Galicia, destacando que o sentido desta convención é tratar de oir a todos e transmitir que neste partido cabe calquera persoa.
Rajoy puxo de manifesto que un dos problemas fundamentais de España é a súa falta de competencia, porque se necesitan gobernos serios, que cren benestar e riqueza e iso é ao que nos apuntamos". Resaltou o labor da Xunta de Galicia, que está levando adiante un plan económico e "non dá bandazos, nin rectifica e ten un goberno austero que controla o deficit e é valente e eficaz".
De especial interés foron as sua verbas sobre a reforma das caixas de aforro anunciada polo Executivo socialista.
Mariano Rajoy advertiu que "cando se fan tres reformas nun ano acábase xerando máis desconfianza e máis incerteza porque se transmite a sensación de que non se sabe que facer". Neste sentido, mostrou a súa disposición a "colaborar para que se fagan as cousas ben".
E engadiu que "colaborar non é sumarnos ao que diga o Goberno cando cremos que é unha equivocación. Colaborar é que nos faga caso en temas razoables que lle imos a dicir". Sobre este asunto, sinalou as prioridades que pasan en primeiro lugar por "sanear os balances e axudar a aquelas entidades financeiras que saneen os seus balances". En segundo lugar, "que haxa competencia porque é boa, sa, achega as entidades á xente e facilita o crédito". En terceiro lugar, "o PP non quere unha nova reforma das caixas que sexa un novo pau ao crédito no noso país". E dixo que " impor determinadas esixencias de capital pode supor que haxa menos crédito", para engadir tamén que desde o PP, "opómonos á nacionalización das nosas entidades financeiras porque xa non estamos na época das bancas públicas".
Así mesmo, o afirmou que "Galicia ten unha gran entidade financeira nestes momentos e pode ter para sempre unha entidade financeira solvente, seria e que dea crédito". "Imos dar a batalla e vaise a conseguir a vitoria", asegurou.