miércoles, 23 de febrero de 2011

Pido ao Ministerio que execute as obras necesarias para evitar os constantes desbordamentos dos ríos no territorio ourensán da Confederación Hidrográfica do Douro



Tamén hoxe pola tarde na Comisión de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño interpelei  ao Secretario de Estado de Medio Ambiente e Auga, Josep Puxeu, e pedinlle que se comprometa a manter os investimentos para que a Confederación Hidrográfica do Douro leve a cabo de forma urxente as obras necesarias para evitar os constantes desbordamentos dos ríos que afectan ao territorio ourensán desa Confederación e que están causando danos ás propiedades dos Concellos e veciños da zona.

En concreto recordei que a C.H. do Douro controla en Ourense os ríos Támega, Búbal e outras canles menores que afectan aos termos municipais de Laza, Verín, Oimbra, Castrelo do Val, A Mezquita, Monterrei, Cualedro, Vilardevós e A Gudiña

Levo anos realizando unha tarefa de control dos investimentos da CH do Douro relativas á defensa contra inundacións e avenidas, así como das de adecuación ambiental de canles e marxes e volvin a preguntar hoxe sobre este tema porque fai poucas datas, en concreto no mes de decembro e a consecuencia da neve e choivas caídas, volveron producirse desbordamentos dos ríos Limia, Búbal e Támega, causando danos en vivendas, locais comerciais e propiedades municipais. Puxen dous exemplos:

MONTERREI

Critiquei as ineficaces actuacións realizadas pola CHD relativas á restauración hidrológica e ambiental dos Ríos Bubal e Rubín na localidade de Vilaza, Monterrei: Dixen que o proxecto foi redactado por técnicos da Confederación, sen ter en ningún momento en consideración as observacións formuladas desde o Concello de Monterrei.

A citada obra intentaba resolver o problema das riadas do núcleo de Vilaza pero o que conseguiu foi o efecto contrario ao executarse un muro ao longo da canle do Río Búbal que lonxe de impedir as crecidas deste, o que impide o retorno das augas á súa canle, alargando o tempo das inundacións.

Derrubouse un alicerce de pedra da ponte coa intención de eliminar un obstáculo pero ao final da obra volveuse a realizar o mesmo alicerce, aínda que agora de formigón.

É dicir, unhas obras contratadas por un valor de 377.637 € que resultaron ineficaces. Neste sentido, trasladei ao Secretario de Estado as inquietudes do Concello de Monterrei para corrixir esa situación, que son:

1. A retirada dos materiais que se acumulan na canle (fundamentalmente areas que se van acumulando e que reducen a capacidade da canle) e

2. A continuación do colector de drenaxe ata un punto de evacuación máis favorable, xa que o actual punto de evacuación fai que as augas do río suban aflorando polos sumidoiros.

OIMBRA

Tamén pedin explicacións sobre a situación do Río Támega ao seu paso polo concello de Oimbra, onde se produciron inundacións en decembro do pasado ano especialmente nos pobos de San Cibrao e Rabal. Dixen que a canle atópase moi obstruido pola area e as marxes cheas de maleza e árbores caídas que esixen labores de limpeza.

Lamentei que se produzan situacións como esta cando o Goberno puido paliar os efectos destas avenidas se realizase as obras necesarias ao seu debido tempo e executado os orzamentos. Así lle recordoei ao Sr. Puxeu como que o executivo socialista en recentes respostas parlamentarias recoñecera que en 2008 deixou sen gastar case dous millóns de euros dos 2.700.000 consignados pola Confederación Hidrográfica do Douro para a provincia de Ourense.

Pedinlle finalmente un maior compromiso e investimentos eficaces.



(Dende o minuto 46:00 ao 59:40)