lunes, 28 de febrero de 2011

Sentenza no caso "Collarte"



Hoxe viaxei a Valença do Miño e asistín á lectura do fallo que realizou o presidente do tribunal portugués mixto, formado por maxistrados e xurados. Refírome ao proceso seguido polo secuestro do empresario ourensán Guillermo Collarte.

O proceso criminal seguido contra catro imputados comezou o 15 de novembro e tivo seis sesións e durou máis de dous meses e seguino con gran interese pola transcendencia deste caso e a amizade que me unía co desaparecido e coa súa familia.

Os feitos ocorreron hai mais de 11 anos, en concreto ou 5 de outubro de 1999 cando Guillermo, que entón tiña 71 anos desprazouse como ocupante nun coche doutra persoa desde Patos a Valença do Minho para reunirse cos seus socios, e ver unha obra que alí emprendían.

O certo e verdade é que Guillermo Collarte desapareceu e nada se sabe ata ou día de hoxe.

A sentenza foi absolutoria para os catro imputados, ao considerar o Tribunal que non dispón de elementos seguros do que lle ocorreu a Guillermo Collarte e que a falta de evidencias "a dúbida resólvese a favor dos imputados"

No entanto o anterior o Tribunal resaltou o feito de que dous dos hoxe absoltos foron condenados en firme en España por ameazas telefónicas á filla de Collarte. Por certo unhas ameazas de que "se non se pagaba unha cantidade de diñeiro pasaríalle o mesmo que ao seu pai"