viernes, 18 de marzo de 2011

Reunión do Grupo Parlamentario

Onte tivemos no Congreso unha importante reunión do noso Grupo Parlamentario presidida pola nosa portavoz Soraya Sáenz de Santamaría á que asistimos os deputados do PP números un de cada provincia e na que fixemos un balance das iniciativas presentadas ata agora polo noso Grupo e que superan as 160.000 e que son as de corte económico as que supón o maior número.


Tamén falamos das vindeiras eleccións do próximo mes de maio e dos temas que día a día se debaten a instancias do Grupo Popular no Congreso, como son o emprego, o apoio a PEMES e autónomos e a sectores moi estratéxicos como son o comercio o turismo, a agricultura e a gandería.