Hoxe pola mañá, antes de viaxar a Madrid, tiven a oportunidade de asistir no Pazo do Hórreo, á primeira parte do debate sobre o estado da autonomía. En concreto ao discurso do presidente Núñez Feijóo, que o meu parecer foi unha intervención sería, responsable e comprometida
En materia económica propuso unha lei de disciplina orzamentaria para que ningún goberno gaste por riba das súas posibilidades e que Galicia siga avanzando en austeridade, planificación e rigor.
Tamén plantexou o obxectivo de que sexa obrigatorio que o Parlamento autorice un teito de gasto antes da elaboración dos orzamentos e que nos ciclos expansivos se destine calquera ingreso extraordinario a reducir débeda.
Respecto do futuro financieiro salientou que pese ao bandazo normativo do Goberno hai marxe para que Galicia poida contar cunha caixa evolucionada vinculada a un banco, se nos mantemos nos mesmos principios de solvencia e galeguidade e se o Banco de España é coherente e consecuente cos seus propios actos e o Goberno de España trata ás Comunidades Autónomas dun xeito igualitario.
Respecto do decisivo tema do financiamento autonómico resaltou que malo foi romper o acordo, peor era o novo modelo, pero nefasto é incumprilo e pediu o apoio dos grupos para defender non só coa forza da razón, senón tamén coa forza da unión dos partidos galegos os 805 millóns que comprometeu o Goberno central e non achega a Galicia.
En materia de territorio falou de que en 2011 estarán en execución máis de 100 quilómetros de vías de alta capacidade e que á aprobación das Directrices de Ordenación do Territorio e do Plan do Litoral, sumarase unha nova Lei do Solo.
Adicou unha parte da sua intervención o diálogo social e puso en valor o pacto asinado cando en España se ía celebrar unha folga xeral e avanzou que se ampliará con outros nove acordos, como o apoio ós mozos desempregados destacando que a Xunta leva abertas máis prazas de benestar que en toda a lexislatura anterior, triplicado o número de dependentes atendidos, comprometido un 20% máis de garderías neste 2011 e impulsado tres novos hospitais públicos, e reiterou o seu compromiso coa Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias se o Goberno central transfire o Fondo de Cooperación.
Subliñou tamén que todos os sectores produtivos contan con axuda directa da Xunta para afrontar a crise e anunciou novas medidas de apoio para os ámbitos forestal, pesqueiro e da automoción. E tamén falou que Galicia se abriu ó exterior co mellor Xacobeo da historia e avogou por facelo tamén dende o punto de vista económico a través da internacionalización, que conta cun 65% máis de recursos e que centrará a reestruturación do Igape.
http://www.farodevigo.es/galicia/2011/03/16/comparacion-japon-galicia-agria-debate/527212.html
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2011/03/16/referencia-japon-agria-debate/477149.html
http://www.abc.es/20110315/local-galicia/abci-feijo-anuncia-proyecto-fijar-201103151203.html
http://www.farodevigo.es/galicia/2011/03/16/comparacion-japon-galicia-agria-debate/527212.html
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2011/03/16/referencia-japon-agria-debate/477149.html
http://www.abc.es/20110315/local-galicia/abci-feijo-anuncia-proyecto-fijar-201103151203.html