Hoxe pola mañá despraceime a Triacastela, onde a miña compañeira deputada nacional Olga Iglesias, opta como candidata á alcaldía do municipio.
Alí estaba Ana Pastor, vicepresidenta do Congreso e coordinadora de política social do PP, o presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro; e os meus tamén compañeiros deputados no Congreso, o lucense Joaquín García Díez e a coruñesa Belén do Campo.
Visitamos este bonito pobo do Camiño de Santiago e logo participamos nunha reunión con concelleiros, militantes e simpatizantes.
Os meus mellores desexos para que Olga Iglesias consiga a confianza dos seus veciños e convértase na nova alcaldesa de Triacastela.