Onte tivemos una boa nova, que foi a información facilitada pola conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, que salientou que a nosa comunidade cumpriu ao peche de 2010 os obxectivos de estabilidade orzamentaria e de crecemento económico a pesar de que contou con case 1.600 millóns de euros menos de ingresos non financeiros, un 14,3%, a maior parte debido a caída do sistema de financiamento autonómico en 1.160 millóns de euros.
Tamén asegurou que Galicia concluíu o ano pasado cun crecemento positivo, do 0,1%, e que foi a comunidade que menos tempo estivo en recesión, cinco trimestres. Un leve crecemento pero permite a Galicia iniciar una nova senda de crecemento que agardamos non se rache.
Asemade a conselleira recordou que o incumprimento do modelo de financiamento autonómico en 2010 provocou que a Xunta tivese que axustar o orzamento inicial para o ano pasado en 200 millóns de euros, algo que fixo blindando a prestación dos servizos públicos fundamentais.
Os anteriores indicadores amosan que o goberno do presidente Feijóo está afrontando con responsabilidade á terribe dureza desta crise.