Hoxe coñecimos por boca da vicepresidenta e ministra de Economía, Elena Salgado que Galicia é unha das dúas únicas autonomías que cumpriu en 2010 por segundo ano consecutivo o obxectivo de estabilidade orzamentaria, xunto coa Comunidade de Madrid, fixado polo Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF) no 2,4% do PIB en termos de contabilidade nacional.
Neste momento de desconfianza dos mercados e de profunda crise económica é unha excelente nova que a Xunta de Galicia que preside Alberto Núñez Feijoo obteña este resultado reafirmando que somos unha Comunidade Autónoma solvente, comprometida coa estabilidade orzamentaria e que leva a práctica políticas serias de austeridade e de rigoroso control do gasto.
Noraboa ao Presidente e a súa conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás.