Hoxe no Pleno do Congreso a deputada popular onubense Fátima Báñez defendeu unha batería de medidas concretas de apoio ás PEMES e os autónomos, que son a parte fundamental do tecido produtivo español.
Falou de que por desgraza, as PEMES e os autónomos están sendo os grandes perdedores da crise pola que atravesa o noso país. No que vai de lexislatura ata o pasado mes de febreiro déronse de baixa máis de trescentos mil autónomos na Seguridade Social (325.313) e hai 158.606 empresas menos, na súa maioría PEMES, rexistradas na Seguridade Social.
Alegou que nunca antes na historia da democracia española viuse unha destrución tan grande de tecido produtivo en tan pouco tempo e que era prioritario pór fin a esta sangría de emprego e actividade e sentar as bases da recuperación económica.
Expuso que as medidas aprobadas polo Executivo para sanear e reestruturar o sistema financeiro, ata seis Decretos Lei, non só se demostraron ainda eficaces para propiciar o necesario saneamento do sistema financeiro español, senón que son insuficientes para que o sistema financeiro cumpra a súa función básica de proporcionar liquidez ao sector produtivo.
Proba diso é que, segundo o Banco de España, o crédito a empresas non financeiras crecía un exiguo 1% interanual o pasado mes de decembro.
E a pesar das promesas do Goberno en Zurbano de que "coa liña de crédito directo a Pemes e autónomos conseguirase que toda pequena empresa conte con financiamento", o ICO tan só outorgou en 2010 a través desa liña créditos por valor de 233 millóns de euros, o que supón apenas o 9% de todos os fondos dispoñibles. Denegáronse o 95% das solicitudes.
Falou de que outra das principais dificultades de pemes e autónomos é a morosidade, moi en particular das AAPP.
Máis do 90% das administracións públicas incumpren a Lei de Morosidade, aprobada en 2010, o que podería facer que 100.000 deles cesasen a súa actividade en 2011.
O Goberno, lonxe de facer fronte a este problema, incumpriu a norma que lle esixía a creación dunha liña de crédito do ICO para que os concellos puidesen facer fronte ás facturas pendentes con PEMES e autónomos.
Engadiu que por se todo isto fose pouco, ademais, o Goberno empeorou a situación coas subidas de impostos directos e indirectos, reduciu o consumo, e en consecuencia as vendas, e o incremento do IVE aumentou as cargas que PEMES e autónomos deben soportar no transcurso de tempo entre que pagan o imposto e cobran efectivamente as facturas.
Isto é o que fixo o Goberno. E os resultados son os que todos coñecemos. Os datos recentemente publicados polo INE confirman as malas expectativas para a economía española.
No ano 2010, mentres as economías europeas consolidaron a recuperación económica, crecendo de media un 1,7%, a economía española seguiu en recesión, rexistrando un crecemento negativo do 0,1%. A sangría da destrución de emprego continuou en 2010, con 238.000 empregos perdidos. É especialmente preocupante que, ademais do axuste na construción, a economía española siga destruíndo emprego na industria e nos servizos.
Rematou decindo que é necesario, xa que logo, aprobar de forma urxente un Plan de medidas de apoio a este colectivo capital para a evolución da economía do País.
É por iso necesario para fomentar a actividade económica e impulsar a competitividade, mellorar, con carácter permanente, a fiscalidade das empresas de reducida dimensión, ampliando a condición de PEME, a efectos do Imposto sobre Sociedades, incrementando o volume máximo de facturación de 10 a 12 millóns de euros, e reducindo o tipo do citado imposto ata o 20% aplicable aos primeiros 300.000 euros de base impoñible.
Continuando coa fiscalidade, o Grupo Popular segue solicitando:
- Axustar os módulos á caída real de actividade económica.
- Baixar ao 4% o IVE ao sector turístico. Esta é unha medida esencial para o sector que sufriu o ano pasado en pleno inicio da campaña de verán a subida do 7% ao 8% o tipo aplicable á maioría dos seus servizos, mentres Francia e Alemaña reducíano.
- Para manter os incentivos ao aforro, e impulsar a iniciativa empresarial, propomos permitir aos contribuíntes beneficiarios dunha conta aforro- vivenda destinar os saldos desta á creación dunha empresa ou á realización dunha actividade económica por conta propia como autónomo.
- Nesta mesma liña, propomos que se poida capitalizar o 100% da prestación por desemprego para a implantación dun novo negocio.
- E para afrontar dunha vez por todas os efectos da morosidade nas Pemes e os autónomos, o noso grupo parlamentario volve propor:
- que se permita que as PEMES e os autónomos non tributen polo IVE das facturas non cobradas,
- que poidan compensar as débedas recoñecidas polas Administracións cos seus impostos correspondentes,
- e finalmente que se cre de forma inminente a Liña do ICO para financiar as débedas de Concellos con PEMES e autónomos que establecía a Lei de morosidade nas operacións comerciais.
Sometida a votación a nosa moción foi rexeitada polos votos dos socialistas.