sábado, 26 de marzo de 2011

Inxustas e insolidarias manifestacions de Joan Ridao


Os deputados e senadores ourensáns do Partido Popular manifestamos hoxe a nosa mais firme repulsa polas inxustas e insolidarias declaracións - fai dous días - do deputado e secretario xeral de ERC, Joan Ridao que se permitiu citar o nome da cidade de Ourense, para ironizar sobre a necesidade de construír a liña de alta velocidade no seu tramo desde Olmedo a Zamora, alegando que nin é competitiva, nin eficiente nin transitada, e pondo en cuestión a pendente macrolicitación.
 
Son inxustas para con Ourense, pués é sen ningunha dúbida unha das provincias de España como peor comunicación ferroviaria con Madrid.

Valla este exemplo como mostra. Desde Barcelona saen a diario 30 trens con destino a Madrid (deles 27 son AVE) que poden facer o traxecto en 2,52 horas. Desde Ourense (procedentes de A Coruña e Pontevedra) saen a diario e con destino a Madrid, dous trens: un diúrno, o TALGO que tarda 5,22 horas e 1 tren hotel nocturno que tarda 7,30 horas.

E preguntámonos:

¿É xusto e razoable este diferencial? Como van utilizarse os servizos ferroviarios de longa distancia entre Ourense e Madrid con estas frecuencias e estes penosos tempos de viaxe? É coñecedor o Sr. Ridao destas circunstancias?

Estas torpes declaracións de Joan Ridao non poden ser máis insolidarias. É necesario recordarlle que en Ourense levamos esperando a chegada da alta velocidade desde 2009 data que se comprometeu polo goberno socialista pero o certo é que ao día de hoxe quedan pendentes por licitar 78 Km. desde Lubián ata Ourense e que a demora dese imprescincible trámite fai perigar o cumprimento do prazo novamente comprometido de 2015.

Non debe descoñecer o Sr. Ridao que estes atrasos monumentais na execución desta vital conexión ferroviaria a Galicia teñen moito que ver coas carencias e inexecucions orzamentarias e coa retardación e paralización de trámites administrativos, mentres que se priorizaban e apuraban as obras para que chegase o AVE outros territorios.

Polo tanto executar a conexión entre Olmedo e Ourense, non é ningún malgasto, pola contra é unha urxente e perentoria necesidade, polo noso carácter periférico e os continuos diferenciais que padecemos en materia de infraestruturas do transporte respecto ao conxunto do país

Os ourensáns non queremos que ninguén nos regale nada, só que se cumpra o comprometido que é a licitación urxente dos 6.000 millóns de euros pendentes aínda para a chegada da alta velocidade desde Olmedo a Ourense. E iso é algo está nas mans de quen é titular do BOE, José Luís Rodríguez Zapatero e José Blanco.

Os parlamentarios ourensáns non imos consentir campañas en contra do noso AVE, nin declaracións tan irresponsables como a do Sr. Ridao, que semella ser un dirixente á deriva, como o está a súa formación política en 2006 tiña no Parlamento de Cataluña 21 escanos e o 14 % dos votos e que tras o descalabro electoral de 2010 quedou en tan só 10 escanos e un 7 % de respaldo electoral.