viernes, 4 de marzo de 2011

No Congreso Internacional de Turismo termal


Hoxe asistín ao acto de clausura do Congreso Internacional de Turismo Termal, que se celebrou en Ourense, e que foi inaugurado o pasado día 2 polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

O anterior Congreso celebrouse tamén en Galicia en 1999 e agora once anos despois, revisouse o estado da cuestión debatindo as novidades termais, presentaronse novas aplicacións terapéuticas, analizouse a oferta e a demanda termal, e finalmente elaboraronse unhas interesantes conclusións das que tomarei debida nota.

A Nosa Comunidade conta cunha notable oferta termal con 21 balnearios e 5 centros de talasoterapia en funcionamento, máis de 2.700 prazas hoteleiras que dan emprego directo a 1.700 persoas e case 150.000 clientes que permiten unha facturación anual de 126 millóns de euros.

Felicidades a todos polo éxito do Congreso e en especial á secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, ao especialista Mario Crecente e a empresa patrocinadora, Caldaria Balnearios e Hoteis.