Onte o Partido Popular organizou no barrio da Ponte un acto informativo sobre o proxecto de integración da alta velocidade en Ourense.
Interveu en primeiro lugar o deputado autonómico e candidato á Alcaldía, Rosendo Fernández, a continuación o concelleiro José Luís Sousa e finalmente chegou a miña quenda que aproveitei para reafirmar a viabilidade técnica e económica do soterramento.
Logo expliquei ante o audotorio, composto por un centenar de persoas, as razóns polas que o soterramento non atrasa a chegada da alta velocidade e informei doutros procesos de soterramento en España, para os que o Ministerio de Fomento non plantexa inconvintes.
Finalmente falei da alternativa plantexada ao Ministerio de Fomento para consensuar o tema: que previa á redacción dos proxectos, as partes - Admón.Central, Xunta e Concello - comprométanse a contratar a realización dun estudo que permita analizar, desde un punto de vista técnico e económico, a solución que debe levarse a cabo para facilitar a integración da nova estación intermodal e a infraestrutura ferroviaria anexa coa trama urbana, minimizando o efecto barreira sobre os desprazamentos transversais ao eixo das vías.
E decir valorando seriamente o soterramento.

O estudo previo tamén analizaría as posibilidades de liberar os terreos que actualmente ocupan as instalacións de Renfe Operadora, trasladando devanditas instalacións a outra localización.
E que unha vez finalizado o devandito estudo e consensuada polas partes a solución técnica a desenvolver para a estación intermodal, iniciarase o procedemento de contratación dos proxectos, que desenvolverán dita solución.
Rematei decindo que non estamos diante dun proxecto de partido, senon de cidade e de extraordinaria importancia polo que merece a pena traballar.
http://www.laregion.es/noticia/145331/vecinos/ponte/piden/soterre/foroave20101/