jueves, 31 de marzo de 2011

Rematamos o primeiro trimestre de 2011, e seguen sen licitar as obras pendentes do AVE


O 21 de xullo de 2009 asinábase entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia o chamado Pacto do Obradoiro e no citado Acordo, o ministro José Blanco comprometíase a que en 2010 a licitación de obra de AVE en Galicia sería dun importe total estimado de 3.362 millóns de euros e comprendería entre outras actuacións as obras de plataforma en 4 tramos entre Lubian e Taboadela.

Poucos días antes de terminar o pasado ano, en concreto o 13 de decembro, o citado ministro recoñeceu a imposibilidade de cumprir o compromiso de licitación deses tramos e afirmou que antes de que concluíse o primeiro trimestre de 2011 estaría licitadas esas obras e outras máis no marco dunha gran macrolicitación.

Hoxe, 31 de marzo, venceu o prazo que o propio ministro deunos e non se cumpriu - según alegan - pola existencia de problemas internos no seo do goberno socialista, e dinnos agora que debemos esperar novamente outros quince días que se nos anuncian como novo prazo tope para que teña lugar esa licitación no BOE.

Seguimos pendentes do cumprimento dos compromisos.