lunes, 18 de abril de 2011

O goberno central debe recoñocer a Galicia os 800 millóns de euros que lle corresponden polo acordo de financiamento autonómico


Onte o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, nunha entrevista en Radio Nacional, considerou prioritario salvagardar a solvencia, blindar os servizos públicos e manter a estrutura económica industrial de Galicia.

A miña coincidencia total con esas afirmacions e oa necesidade que tamén expresou de chegar a un acordo con goberno central e concretar as cifras na comisión bilateral Galicia-Estado para que se lle recoñezan a Galicia os 800 millóns de euros que lle corresponden polo acordo de financiamento autonómico.

Cartos que son imprescindibles ante a fortísima caída dos recursos propios da Comunidade Autónoma, ademais do enorme lastre que supón ter que devolver fronte – por erros de presupostación do goberno socialista - arredor de 500 millóns de euros ao ano ata o 2016.

Non hai unha verdadeira autonomía política sen unha autonomía financiaeira.