sábado, 30 de abril de 2011

SOTOURENSE: nova manifestación reclamando o soterramento do AVE


Onte, asistín a unha manifestación convocada pola plataforma por un ave soterrado, que saíu dos xardins do Pai Feijó e percorreu varias ruas da cidade ata o parque de San Lázaro.

Fomos moitos máis ourensans que na anterior ocasión e de novo reiterouse de forma democrática a lexítima aspiración dos ourensáns de ter a mellor integración posible e que sen dúbida o soterramento das vías é a solución idónea. Unha alternativa viable técnica e económicamente e que Fomento ten proporcionado a moitas outras cidades de España.

http://www.laregion.es/noticia/152285/segunda/manifestacion/calle/soterrado/
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/04/30/cerca-millar-personas-reclaman-soterren-vias-ave-ourense/540254.html
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/04/30/0003_201104O30C1992.htm