lunes, 16 de mayo de 2011

SOTOURENSE: Reclamando con Soraya Sáenz o soterramento do Ave


Hoxe, en plena campaña electoral, recibimos en Ourense a visita da portavoz do Grupo Popular no Congreso, Soraya Sáenz de Santamaría.

 Achegámonos á estación ferroviaria Ourense-Empalme e alí fronte á súa fachada compareceu ante os medios acompañando ao noso candidato á alcaldía Rosendo Fernández.

Esixiu ao Goberno socialista que cumpra os seus compromisos, sempre atrasados, coa chegada do AVE á Comunidade Autónoma de Galicia e recordou que o Executivo deu primeiro unha data que despois se atrasou, polo que advertiu que as palabras poden soar moi ben, pero necesitan ir acompañadas de feitos.

Logo asegurou que non lle abonda con que o ministro de Fomento, diga que empeña o seu cargo e a súa palabra no cumprimento das infraestruturas e a chegada do AVE a Galicia engadindo que ao ministro José Branco quédalle pouco no cargo, ademais de que a palabra dun socialista hai que pola sempre en corentena.

Queremos ver cifras, datos e documentos, reiterou, á vez que anunciou que o próximo 24 de maio discutirase no Congreso dos Deputados unha moción do Grupo Parlamentario Popular na que se reclama ao titular de Fomento que no prazo de quince días presente todos os documentos de licitación, todos os acordos e todos os proxectos que licitou ou que vai licitar nos próximos meses.

Segundo manifestou, necesitamos ter toda a información necesaria para poder facer un seguimento e poder constatar que cumpre a súa palabra e que se cumpre o que, ao noso xuízo, é fundamental, que é o compromiso con todos os galegos.

Finalmente deu un apoio expreso ao soterramento na cidade de Ourense como a mellor fórmula para a integración ferroviaria na cidade e para asegurar o benestar dos veciños.

Pola sua parte Rosendo Fernández explicou que a chegada da alta velocidade a Galicia detemina para a nosa cidade un auténtico factor de desenvolvemento e que por parte do goberno bipartito e do ministerio socialista optouse por unha estratexia de "feitos consumados", sen diálogo, sen debate, sen participación, en definitiva "sen talante".

Lembrou que o Partido Popular de Ourense e as entidades e axentes económicos e sociais representativos, como a Confederación de Empresarios ou a Cámara de Comercio, están en contra non sólo das formas senón do fondo da cuestión, fulcral na historia da nosa cidade. 

Afirmou que o goberno popular da cidade, con entendemento e participación, fará posible o soterramento de todo o espacio ferroviario que comprende a actual estación de Ourense-Empalme, incluida toda a zona de talleres, co obxecto de liberar solo para adecualo ás necesidades futuras de Ourense no que atinxe a temas residenciais, terciarios, dotacional, zonas verdes e deportivas e infraestruturas viarias.

Rosendo Fernández afirmou que o soterramento do AVE en Ourense, respaldado polo presidente nacional do PP, Mariano Rajoy, e próximo presidente do Goberno de España, e polo presidente do PP de Galicia e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, impedirá que a cidade sufra unha fenda irremediable e quede dividida para o futuro.

Recordou que estamos ante unha oportunidade histórica para Ourense, cidade que se converterá na porta de entrada da alta velocidade a Galicia, que os socialistas están desaproveitando, imaxe dun goberno bipartito coitado e sen ambición, indigno de seguir xestionando os intereses de Ourense.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/05/17/fernandez-trae-saenz-santamaria-validar-promesa-soterrar-ave/545463.html
http://www.laregion.es/noticia/154534/saenz/santamaria/cuarentena/plazos/ave/

http://www.ourensedixital.com/_novas/11/05/17_07.htm

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/05/17/0003_201105O17C9991.htm