sábado, 7 de mayo de 2011

Pedimos a comparecencia de Blanco no Congreso para que explique a licitación e a programación orzamentaria do AVE a Galicia





Hoxe na sede do PP de G en Santiago de Compostela, en rolda de prensa informei sobre que os deputados populares no Congreso solicitamos a comparecencia na Comisión de Fomento da Cámara Baixa do ministro de Fomento, José Blanco, para que informe con detalle sobre o proceso de licitación polo procedemento de concurso público convencional das obras de acceso de alta velocidade a Galicia no tramo Requejo-Ourense, así como da súa programación orzamentaria.

Expliquei que creemos que é necesario que o ministro, coñecidos os informes técnicos da Xunta que pon en cuestión os prazos anunciados para a chegada da alta velocidade a Galicia, explique pormenorizadamente no Congreso os seus compromisos e se someta ás preguntas e aclaracións parlamentarias.

Consideramos necesario tamén que comparezan na mesma comisión o presidente de ADIF, coa finalidade de informar sobre a aprobación, o 29 de abril, da autorización por parte do Consello de Ministros da licitación do contrato de colaboración público-privada para a redacción dos proxectos da AVE entre Olmedo-Ourense e Santiago por importe de 2.332 millóns de euros, así como o secretario de Infraestruturas do ministerio para aclarar o proceso de licitación dos tramos pendentes.

Os parlamentarios populares entendemos que a vertebración de Galicia e impulsar a actividade económica da comunidade coa chegada da alta velocidade é un obxectivo absolutamente de xustiza para Galicia e subliñamos que o PP non vai aceptar gato por lebre en cuestións que os técnicos ven imposibles.

Lembei que o certo é que coa licitación anunciada aos catro ventos o pasado venres 29 de abril, non temos, neste momento, máis compromiso que a autorización para iniciar o procedemento de licitación da montaxe, explotación, mantemento e conservación de algo que se instalará nunha infraestrutura que non sabemos cando se vai a facer e cando e como se vai a rematar.

Segundo indiquei, o Ministerio de Fomento, nestes momentos, o único que comprometeu é a redacción dos proxectos e unha programación indicativa da previsión de licitación, unha programación que o Goberno dixo que ía licitar en 2010, que logo dixo que ía licitar en marzo de 2011 e que agora di que vai licitar entre o 2011 e o 2014.

Os deputados galegos do PP facemos fincapé en que non foi o Partido Popular o que aproveitou a campaña electoral para utilizar a AVE como arma arreboladiza. Foi José Blanco quen anunciou a autorización do Consello de Ministros a menos dun mes da campaña. Os populares esperamos a ter os informes técnicos para valorar e non respondemos os anuncios dos socialistas senón con informes obxectivos.

Se Blanco cumprise e licitase as obras antes do 31 de decembro pasado, ou se cumprise e licitase en marzo, como despois prometeu, non estariamos hoxe aquí, senón que teríamos estado hai uns meses, sinalei.

GALICIA NON ASUMIRÁ MÁIS MENTIRAS RESPECTO AO AVE

Por outra parte, lembrei que o Goberno galego encargou un estudo a técnicos independientes cuxo informe apunta á imposibilidade de que o AVE estea listo antes de finais de 2017 ou principios de 2018.

En nome dos deputados galegos do PP no Congreso asegurei que non imos consentir que o PSOE reedite unha nova mentira aos galegos similar á que na campaña de 2009 protagonizaron insistindo ata a saciedade en que a AVE chegaría a Galicia en 2012. Blanco, que xa entón participou naquela farsa e logo quixo presentarse como o único que dicía a verdade agora quere reeditar aquela mentira só que co 2015 como data, pero non imos ser os seus cómplices. Desta nova fuxida cara adiante non poderá culpar a ninguén máis que a el, sinalei.

PREOCUPACIÓN POLO PRESUPOSTO, NON SÓ POLOS PRAZOS

Tamén referín que estamos máis preocupados que polos prazos polo presuposto, porque o cambio unilateral de financiamento feito por Fomento fai que os vindeiros anos teñan que adicarse ao AVE galego cantidades inxentes de cartos que estamos en condicións de dicir que Fomento non vai pode destinar.

Así, reiteramos o compromiso do PP co AVE galego, xa que Galicia ten dereito ao AVE, posto que é máis importante que calquera outro AVE de España por ser unha comunidade periférica que leva moitos anos esperando.



http://www.laregion.es/noticia/153383/ppdeg/blanco/ratifique/congreso/plazos/
http://portal.ppdegalicia.com/gl/component/content/article/54-titulares-pp-de-galicia/2215-o-pp-pide-a-comparecencia-de-blanco-no-congreso-para-explicar-a-programacion-do-ave.html

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=808423

http://www.eldigitaldemadrid.es/ep/general/NACIONAL/20110507141624

http://noticias.lainformacion.com/economia-negocios-y-finanzas/ferrocarril/el-ppdeg-urge-la-comparecencia-de-blanco-en-el-congreso-para-asegurar-la-licitacion-y-presupuesto-del-ave-gallego_3dGkVc9pDFmEun9NsSrmF7/

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/05/07/galicia/1304781424.html


http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/ppdeg-urge-blanco-dar-explicaciones-congreso/idEdicion-2011-05-08/idNoticia-666634/