domingo, 8 de mayo de 2011

No magnífico medio natural de Parada do Sil


Estamos en campaña electoral e onte despraceime ao concello de Parada do Sil para participar nun mitin organizado polo Partido Popular e apoiar a nosa candidatura que encabeza José Avelino Bizarro Carballo.

Foi un mitin moi agradable, nun bar da localidade, no que con gran rigor o candidato á alcaldía analizou a xestión do actual eqipo de goberno, evidenciando as súas luces e as súas sombras, e no que expuxo as ofertas da nosa organización política, para gobernar Parada do Sil nos próximos anos, e contribuír así ao seu progreso, que pasa en primeiro lugar por frear o seu principal problema que é o demográfico, reactivando a súa economía, potenciando o turismo rural e cultural e os seus moitos recursos endógenos.

Trátase dun dos concellos menos poboados da nosa provincia. Acusa un forte descenso e envellecemento poboacional que lle levou a pasar dos 2.287 habitantes en 1981 aos 670 que ten segundo o último censo do INE.

Parada do Sil é sen dúbida un dos concellos máis bonitos de Galicia e eu atreveríame a dicir de España. O seu medio natural é magnífico e participa das estribaciones de Meda e da expléndida Ribeira Sacra.
As vistas que hai desde o miradoiro de Cabezoás son espectaculares e o seu mosteiro de Santa Cristina no medio dun bosque de castiñeiros, ben de interese cultural, é unha xoia do noso románico.

Recomendo a todos a visita a Parada do Sil.