Eu quixen estar nun dos concellos da provincia e viaxei a fermosa vila de Verin para asistir ao acto de constitución do Concello e toma de posesión de Juan Jiménez Morán, que foi reelixido alcalde por maioría absoluta.
Convén lembrar que Partido Popular de Galicia obtivo unha rotunda vitoria electoral na que acadou 188 maiorías absolutas, e hoxe na xornada de constitución de corporacións obtivo 28 alcaldías máis. Polo tanto o PP de G gobernará en 216 concellos galegos, case o 70% do total, e sete de cada dez municipios de Galicia contarán cun alcalde popular, o que reflicte a magnitude do éxito obtido por esta formación política.
Os meus mellores desexos de éxito para todos os novos gobernos locais, fundamentais na nosa democracia, e que deberán desempeñar o seu labor nunha etapa de profunda crisis económica.