Hoxe asistín con satisfacción ao acto de presentación do tramo de alta velocidade Ourense-Santiago-A Coruña que tivo lugar en Serrabal no coruñés concello de Vedra.
Un acto que presidiu o Ministro de Fomento, José Blanco acompañado de altos cargos gobernamentais e do presidente de ADIF. Ademais asistiu en representación da Xunta de Galicia o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.
Logo da proxección dun vídeo, interveu Agustín Hernandez e dixo que hoxe era un día histórico, como tamén o foi o 24 de novembro de 2001 cando comezou a información o público do estudio informativo, ou o 10 de xuño de 2003, cando se aprobóu definitivamente o estudio informativo do Eixo Ourense-Santiago.
Lembrou que tamén poden calificarse de históricas as datas comprendidas entres os meses de xaneiro e marzo de 2004 cando foron licitadas e adxudicadas a práctica totalidade dos subtramos de esta liña e que supuseron un impulso definitivo, sen volta atrás.
E que por suposto definitivamente histórico sería o día en que, a finais deste mesmo ano, un tren comercial poidera realizar o percorrido para poñer en servizo esta nova liña ferroviaria.
Afirmou que percorremos un novo itinerario que, construído no primeiro decenio do século XXI substitúe ó ferrocarril convencional entre Santiago e Ourense que se puxo en servizo a finais dos anos 50 do século pasado.
E que ante unha obra de enxeñería como o viaduto do Ulla, é bo reflexionar sobre as obras públicas que, sen dúbida, cambian un país, que superan os períodos temporais dun goberno e incluso dunha xeración, obras que é necesario valorar coa perspectiva do paso dos anos. Obras que non son patrimonio de ninguén, senón que como o seu propio nome indica son obras públicas, patrimonio común de todos os cidadáns que costean cos seus impostos ó seu financiamento.
Agustín Hernández engadiu que sendo patrimonio de todos, non podía deixar de recoñecer a intervención das persoas e das institucións para acadar a meta da posta en servizo desta liña
Dixo que cando os nosos fillos e netos falen desta liña e da conexión de alta velocidade de Galicia, sen dúbida falarán de José Blanco, que como ministro impulsou as actuacións da alta velocidade a partir de 2009, e que falarán tamén de Alberto Núñez Feijoo, que como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda desde o 18 de xaneiro de 2003 pelexou por esta liña, e que logo como Presidente da Xunta asinou o Pacto do Obradoiro, como marco de colaboración leal entre Administracións para impulsar un proxecto vital para un país. Pero tamén deberán recordar a Francisco Álvarez Cascos, que sendo Ministro licitou a totalidade dos tramos de esta liña de alta velocidade e ó ministro Rafael Arias Salgado, baixo cuxo mandato un galego, presidente do entonces xestor de Infraestruturas Ferroviarias, licitou os túneles de Guadarrama.
Tivo tamén recordo para todos os xestores públicos, da Xunta de Galicia e do Ministerio que participaron nas decisións que permitiron chegar a este momento e ademais non quixo esquecer tamén o papel das Cortes Xerais, pois más alá da súa competencia na aprobación dos Presupostos Xerais do Estado que fixeron e fan posible esta infraestrutura, teñen sido moitas e moi importantes as iniciativas de impulso e de control dos deputados e senadores galegos que serviron para impulsar e controlar esta liña ferroviaria de alta velocidade.
Salientou tamén o papel xogado polos colectivos empresarias , polos expertos ferroviarios, e polos medios de comunicación que tanto se tiñan ocupado desta infraestrutura.
Por suposto tivo palabras de recoñecemento, para as empresas construtoras dos diferentes tramos, que coas obras de túneles e viadutos deixaron constancia, neste itinerario, que son, sen dúbida as mellores do mundo, e para as empresas subcontratistas e subministradoras dos diferentes equipamentos que tamén demostraron o seu altísimo nivel tecnolóxico.
E fixo un especial recoñecemento á empresa Estructuras y Montajes, do Grupo Puentes, que executando o novo viaduto do río Ulla, demostrou que unha empresa galega, con enxeñeiros galegos, persoal galego e sede en Galicia, pode ser un referente da enxeñería do século XXI, cítando a, tres excelentes enxeñeiros de camiños: José Antonio Torroja, José María Villar e a Andrés del Valle.
Pola súa parte o Ministro José Blanco, sumou ao capítulo de recoñecementos aos presidentes Fraga e Touriño, ao tempo que anunciou que a viaxe inaugural do AVE que comunica Ourense coa Coruña a través de Santiago será o próximo 10 de decembro, engadindo que ese mesmo día comezará a explotación comercial desa liña.