viernes, 24 de junio de 2011

Non e crible o obxectivo de gasto para 2012


Hoxe no Conello de Ministros foi presentado o obxectivo de estabilidade orzamentaria para o período 2010-2014, que contempla que nos próximos tres anos o déficit público reducirase en 3,9 puntos do PIB para situarse no 2,1 por 100 en 2014. Ademais as previsions do executivo de Zapatero e Rubalcaba e que o límite de gasto non financeiro do Estado para 2012 será de 117.353 millóns de euros, en termos homoxéneos e que as entidades locais alcanzarán o equilibrio orzamentario en 2014.

En relación con este importante tema o noso portavoz económico no Congreso, Cristóbal Montoro, fixo unhas declaracións de importancia nas que considera non crible o obxectivo de gasto para 2012 que hoxe foi aprobado polo Goberno en Consello de Ministros.

Montoro chega a esta conclusión ao considerar que o Goberno socialista parte dun escenario de aumento do Produto Interior Bruto que non será factible conseguir o ano próximo sen as reformas que necesita o noso país.

Reformas que deberán ter lugar entre outros no ámbito tributario, laboral e enerxético, e no da innovación e internacionalización das nosas empresas.

Ademais recoñeceu que o goberno socialista non está en condicións de acometelas, como se evidenciou o pasado mércores, coa tramitación da negociación colectiva, onde chegou a un acordo in extremis co PNV que provocou unha ruptura da unidade de mercado por servir a intereses de grupos nacionalistas, que non dubidan en antepor os seus obxectivos á creación de emprego.

Novamente o goberno que preside Zapatero volveu facer un exercicio falto de credibilidade por asentarse nuns escenarios económicos que ninguén comparte, incluídos os organismos e analistas internacionais.

En lugar de facer as auténticas reformas está facendo cosmética e por iso, a nosa economía non crece e segue destruíndo emprego en termos netos.