Onte o Consello de Ministros autorizou ao Ministerio de Fomento a licitar, a través de Adif, a construción de dous novos tramos de plataforma na Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia entre as provincias de Zamora e Ourense. Trátase dos tramos Lubián-Túnel da Canda e o Túnel do Cañizo (vía dereita), cun investimento conxunto de 208.889.523,4 euros.
Sen dúbida unha boa nova longamente agardada, pois estas licitacións deberían terse feito antes de rematar 2010.
Sen dúbida unha boa nova longamente agardada, pois estas licitacións deberían terse feito antes de rematar 2010.
Segundo informa o Ministerio de Fomento, o tramo Lubián-Túnel da Canda, cuxo orzamento de licitación ascende a 117.257.139,6 euros (IVE incluído), ten unha lonxitude de 3,2 quilómetros e discorre polo termo municipal de Lubián.
Como infraestruturas singulares no seu trazado destacan os túneles de Hedroso (913 m de lonxitude) e Lubián (1.710 m), así como os viadutos de Porto (173,5 m) e Tuela (308 m).
E o tramo Túnel do Cañizo (vía dereita), cun orzamento de licitación que ascende a 91.632.383,8 euros (IVE incluído), ten unha lonxitude de 6,6 quilómetros e discorre polos termos municipais da Mezquita e A Gudiña, na provincia de Ourense.
Este subtramo ten como elemento fundamental o túnel que lle dá nome, O Cañizo, do que se licita a construción do tubo dereito, cunha lonxitude de 5.372,2 m. As obras contemplan tamén a execución das plataformas da estación Porta de Galicia / Porta de Galicia, na Gudiña.
Doutra banda hai que dicir que por fin o BOE do día 9 de xuño publicou o anuncio de licitación do tramo Túnel da Canda-Vilavella, que fora autorizado o 13 de maio, e así coñecemos que ten unha vez adxudicado ese contrato, o seu prazo de execución é de 28 meses.
Ainda quedan pendentes de licitar moitos kilometros da plataforma entre Lubián e Ourense, ao tenpo que é imprescindible que ADIF acelere a execución dos tramos Porto-Meaman (6,5 km) e Ponte Ambia -Taboadela (8,9 km) que tras 18 meses da licitación (29.12.2009) e case 12 meses da adxudicación aínda non comezaron prácticamente as obras.