jueves, 9 de junio de 2011

No faladoiro de Radio Voz


Hoxe en Radio Voz tivemos o habitual faladoiro dos xoves no que Antía Díaz Leal propúxonos falar dos problemas do endebedamento das Comunidades Autónomas, despois de que nos últimos días fose noticia o déficit encuberto dalgunha delas, como é o caso de Castela a Mancha.

Comecei a miña intervención dicindo que os problemas non deixan de existir simplemente por non falar deles e ocultalos.

E que o endebedamento das Comunidades Autónomas, ademais do da Administración Xeral do Estado, é un feito sobradamente coñecido e que recentemente detallou a propia ministra de Economía cando deu a coñecer o déficit orzamentario non financeiro do primeiro trimestre de 2011 e constátase como a C.A. de Castela a Mancha presentou o peor resultado ( - 0,97 ), case un punto de déficit. Resultado negativo que contrasta co da Comunidade galega que foi unha das tres que obtivo superávit.

Ademais falei de que o antonte a Comisión Europea daba a coñecer as súas recomendacións ao Consello sobre o Programa Nacional de Reformas de 2011 e a actualización do Programa de Estabilidade Orzamentaria 2011-2014 que remitiu a finais de abril o Goberno español. E entre esas recomendacións atópase a de que o Goberno debe incluír na Lei de estabilidade Orzamentaria un mecanismo de control do gasto e endebedamento das AA.PP, tal e como solicitou con reiteración o PP e que contou coa oposición do PSOE.

Con estes antecedentes expuxen que o Partido Popular ten moi clara a necesidade de controlar o endebedamento masivo das Administracións e por iso o noso presidente Mariano Rajoy propuxo unha estratexia coordinada de reformas para saír da crise económica e recuperar o prestixio das institucións.
Dentro desas medidas de austeridade está a fixación para as Comunidades Autónomas dun teito de gasto non financeiro e nese sentido informei de que a próxima semana no Parlamento de Galicia debaterase unha iniciativa lexislativa do Goberno de Feijóo de primeira liña, que é o “Proxecto de Lei de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financiera” que se se aproba permitirá a sustentabilidade das contas públicas, especialmente no que atines ao gasto social.

Tamén falei do problema fincnacieiro do sistema sanitario español e de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, propuxo onte un gran pacto para garantir a continuidade, viabilidade e mellora do sistema sanitario público coa complicidade dos cidadáns, coa implicación dos profesionais sanitarios e coa vontade inequívoca de todos os gobernos.

E recordei o enorme esforzo da Xunta, nun momento de debilidade económica, e no que decidiu mellorar as infraestruturas sanitarias, coa posta en servizo  dun novo hospital en Lugo,  a construción de hositais em Vigo e Pontevedra e tamén coa licitación simultánea dunha vintena de ambulatorios.

Fixen referecia ao éxito do catálogo priorizado de medicamentos que, a pesar de estar suspendido polo Goberno central, os profesionais galegos seguen aplicando responsablemente e está permitindo aforros de máis de 10 millóns de euros cada mes.

E fronte a outras notcias, dixen que a media de pago da farmacia hospitalaria do Servizo Galego de Saúde é, no que vai de 2011, de 74,35 días fronte aos 410 días da media estatal o que acredita que Galicia se mantén entre as Comunidades Autónomas cos ratios de pago máis baixos de España, ao mesmo tempo que todas as facturas de farmacia hospitalaria do ano 2010 xa foron liquidadas e abonadas polo Sergas.