miércoles, 1 de junio de 2011

Galicia cumpre coa redución do déficit, aínda que o Estado non cumpre coa nosa Comunidade


Onte coñecimos que o Ministerio de Economía y Hacienda difundía a boa nova de que a Comunidade Autónoma de Galicia pechou o primeiro trimestre de 2011, con superávit, un 0,14 do seu produto interior bruto (PIB),

So acadaron este obxectivo de compromiso de redución do déficit e polo tanto de estabilidade orzamentaria ademais de Galicia, Aragón (0,19 %) e La Rioja (0,18 %)

Teño que felicitar por este logro o Goberno galego, que vai na senda do acadado nos dous últimos anos pois foi unha das dúas únicas autonomías cumpridoras en 2009 e 2010.

Resulta imprescindible que o Estado transfira neste exercicio á nosa Comunidade os 243 millóns de euros correspondentes ao Fondo de Cooperación, no marco do sistema de financiamento autonómico. Doutro modo non será posible acadar no presente ano o obxectivo do 1,3% de déficit

Denuncio unha vez mais o incumprimento reiterado polo goberno socialista do modelo de financiamento autonómico

Lembro, como o facía hoxe a Conselleira de Facenda que o montante global de incumprimentos para Galicia supón 228 millóns de euros de minoración de recursos que provoca o statu quo. A esta cantidade hai que engadir 243 millóns de euros do Fondo de Cooperación que o Goberno négase a transferir este ano pese a que si o fixo en 2010.