miércoles, 29 de junio de 2011

O Tribunal Constitucional avala o Catálogo priorizado de medicamentos da Xunta de Galicia


Onte tivemos unha nova extraordinaria, que foi que o Tribunal Constitucional levantóu mediante Auto a suspensión cautelar dos artigos 1 e 4 e das disposicións adicionais primeira e segunda da Lei 12/2010, de 22 de decembro, de racionalización do gasto na prestación farmacéutica de Galicia.

Un Auto que dí que “Non se teñen achegado datos que permitan inferir que a aplicación dos preceptos impugnados produza (...) unha redución da calidade e eficacia da prestación farmacéutica tal como a mesma se define polo lexislador estatal”

Esta decisión supón que o Catálogo priorizado de medicamentos de Galicia volve a estar en vigor e acredita que a Xunta tomou as suas decisións movida pola defensa dos intereses dos cidadáns e por enriba dos das multinacionais farmaceúticas. Pode o partido e o goberno socialista decir o mesmo...

Lembremos que o aforro estimado calculouse, tendo en conta o período de tempo en que o Catálogo permaneceu vixente, nuns 9 millóns de euros mensuais, cifra suficientemente ilustrativa dos efectos que tivo sobre a redución da denominada factura farmacéutica.

Felicidades efusivas ao presidente Alberto Núñez, e a Conselleira Pilar Farjas, por haber aprobado un catálogo priorizado que é un exemplo de sostenibilidade do sistema sanitario español.

En definitiva permanece vixente unha medida pensada para defender a sanidade pública, é blindar os servizos e é protexer as prestacións e realizar as novas infraestruturas tan necesarias para o noso sistema de saúde.