Se non hai novidade mañá, na Comisión de Fomento do Congreso, defenderei unha PNL reclamando que RENFE estableza de inmediato unha relación diúrna matinal para unir por ferrocarril vía Ourense as dúas ramas procedentes da Coruña e Pontevedra con Madrid.
Hai que facer constar que Galicia é a única Comunidade Autónoma que só conta cunha relación diúrna diaria con Madrid. Con todo, entre Barcelona e Madrid hai 28 AVES (entre 2,38 horas e 3,18 horas) e 1 ESTRELA (9,10 horas); Entre Valencia e Madrid: Hai 14 AVES (entre 1,38 horas e 1,50 horas), 4 ALVIAS e 1 REXIONAL; Entre Sevilla e Madrid: Hai 20 AVES ( ENTRE 2,20 horas e 2,45 horas), e 2 ALVIAS; Entre Cádiz e Madrid: Hai 3 ALVIAS (4, 33 horas); Entre Santander e Madrid: Hai 3 ALVIAS (4,27 horas); Entre Xixón e Madrid: Hai 4 ALVIAS (5,28 horas)
Para o PP, dado que o goberno socialista incumpriu todos os prazos dados ata agora para a chegada da alta velocidade ferroviaria a Galicia, e tendo en conta que tampouco o prazo de finais de 2015 incluído no Pacto do Obradoiro parece xa posible e que a data que os técnicos apuntan como razoable para a conexión vía AVE coa capital do Estado é xa o 2018, Fomento ten a obriga de mellorar as conexións actuais entre Galicia e Madrid.
Non hai xustificación algunha para o baixo número de servizos ofertados por RENFE-Operador na Comunidade Autónoma de Galicia, que representan entre 10 e 20 veces menos oferta da que goza calquera outra comunidade periférica (excluída Aragón, que se beneficia da súa posición xeográfica en metade da liña de AV Madrid-Barcelona).
Destaco ademais, que o feito de que a única relación actual entre Galicia e Madrid chegue á capital de España pasadas as 21,00 horas impide aos viaxeiros transbordar con outros trens no día para chegar a outros destinos como poden ser Cataluña, Valencia, Alacante e Andalucía e tamén que a combinación actual tampouco lles permite enlazar co transporte aéreo, entre outros os voos nocturnos cara a Ibero-América dado o escaso tempo existente.
Galicia necesita urxentemente polo menos un novo servizo de comunicación por ferrocarril desde Galicia cara a Madrid, con saída á primeira hora da mañá (sobre as 7,30 horas), que posibilite a chegada a Madrid como mínimo antes das 15,00 horas para así, por exemplo, facilitar o transbordo ás relación con Cataluña, Comunidade Valenciana ou Andalucía (considerando ademais que hai que facer o cambio de estación de Chamartín a Atocha).
http://www.laregion.es/noticia/158162/pedira/mayor/frecuencia/trenes/madrid/
http://www.laregion.es/noticia/158162/pedira/mayor/frecuencia/trenes/madrid/