O derradeiro día do ano 2009, publicaba neste Blog unha entrada que titulaba: “ Unha boa nova que nos recorda un monumental incumprimento”
Nela daba conta dunha esperadísma nova, que era que o BOE do día 29 de decembro de 2009 publicaba tres Resolucións da Entidade Pública Empresarial Administrador de Infraestructuras Ferroviarias de data 23 de decembro de 2009, polas que se anunciaba a licitación mediante procedemento aberto con varios criterios de adxudicación do proxecto de construción de tres tramos ourensans da plataforma da Liña de Alta Velocidade Madrid Galicia. Olmedo-Medina-Zamora-Pobra de Sanabria-Lubian-Ourense.
Erán os Tramos Porto-Meamán, Meamán-Ponte Ambía e Ponte Ambía-Taboadela.
Naquel momento destacaba que era sen dúbida unha boa nova longamente esperada e moi ansiada por mi, tendo en conta que levo moitos anos demandado ao Goberno para que se dese este paso decisivo para a construción do tramo fundamental da conexión ferroviaria entre Madrid e Ourense. Se cumpría “in extremis” o compromiso de licitación previsto en 2009 no Pacto de Obradoiro.
O 2 e 3 de xullo de 2010 o BOE publicaba as resolucións de ADIF de data 28 de xuño polas que se anunciaba a adxudicación definitiva dos seguintes contratos:
Do tramo de 6,5 Km entre Porto e Meamán, adxudicadas á Unión Temporal de Empresas formada por Corsan-Corviam e Hidroestructuras S.L., por un importe total de 102.886.353,56 €.
Do tramo de 6,7 km entre Meamán-Ponte Ambía, adxudicadas á UTE formada por Constructora San José S.A. e Obras Subterráneas S.A., por un importe total de 74.588.864,60 €
Do tramo de 9 km entre Ponte Ambía e Taboadela adxudicadas á empresa Vías y Construcciones S.A., por un importe total de 82.615.200 €.
Certamente non é de recibo este enorme retraso de ADIF que tardóu 6 meses entre licitación e adxudicación definitiva.
Máis en lugar de acelerar os trámites para recuperar o tempo perdido o certo é que a UTE adxudicataria do tramo "Meaman-Ponte Ambia" (6,7 km), comezóu os traballos de desbroce e explanación, nos primeiros días de novembro de 2011, e decir aínda catro meses despois da adxudicación.
¿É cal é a situación a data de hoxe 1 de xuño de 2010?
Pois que nese tramo de "Meaman-Ponte Ambia" hai traballos nas trincheiras e nas cabeceiras do túnel de Bouzas ( 850 m) e na pista de acceso as cimentacions e nas caixas de varias zapatas para o viaducto sobre el Arnoia (900 m).
Pero o mais lamentable é que nos restantes subtramos : Porto-Meaman (6,5 km) e Ponte Ambia -Taboadela (8,9 km) tras 17 meses da licitación (29.12.2009) e 11 meses das adxudicacions aínda non comezaron as obras.
¡Increíble, pero certo!
O ministro José Blanco no Senado o 24 de maio, respostaba a unha pregunta do senador Pérez Bouza recoñecendo esta paralización e argumentou para explicar o inexplicable, problemas expropiatorios decindo que “las obras avanzarán en el momento en el que concluyan os procesos de expropiación que hay que realizar...”.
Por suposto estas disculpas resultan absolutamente inaceptables e son evidenciadoras da inoperancia de ADIF e do Ministerio de Fomento que son incapaces de impulsar as obras nos primeiros 22 km do treito Lubián-Ourense, por certo os de menor complexidade. Tamén evidencian serios problemas de financiamento, aínda que estos foron negados por José Blanco.
Ó certo é que vencidos os primeiros cinco meses de 2011, aínda temos pendentes de licitar o 70 km restantes do tramo Lubián-Ourense que o goberno socialista había comprometido facer ao longo do ano 2010.
Todos estos retrasos acreditan que os socialistas non cumplirán o compromiso contraído no Pacto do Obradoiro de que Galicia teña o AVE a finais de 2015 e lamentablemente todo evidencia que non teremos AVE, no mellor dos casos e sempre que non se produzan incidencias, ata comezos do ano 2018, atendendo á reprogramación das obras anunciada polo Ministerio de Fomento o pasado mes de abril.
Son moitas as explicacións a dar polo Ministerio de Fomento tanto na comisión de seguimento do Pacto como na Comisión de Formento do Congreso. Temos dereito a elas.