É a Deputación Permanente á quen lle corresponde velar polos poderes da Cámara, e compételle reglamentariamente instar a celebración de sesións extraordinarias da Cámara cando esta non se atope en período ordinario de sesións, que é o caso do mes de xullo.
Hoxe celebramos reunión deste órgano coa finalidade de convocar desde o martes 12 ao xoves 14 de xullo unha sesión extraordinaria do Pleno.
O Grupo Parlamentario Popular centrará as súas preguntas na próxima sesión de control ao Goberno do mercores na crise económica e no escándalo da SGAE.
Así, o presidente do PP, Mariano Rajoy, preguntará a Zapatero se, tendo en conta os últimos datos económicos, mantén que asistimos a unha aceleración da recuperación da economía española.
A portavoz, Soraya Sáenz de Santamaría, pola súa banda, preguntará á Vicepresidencia primeira do Executivo como valora que un membro do Goberno afirme que sabe o que hai que facer para crear emprego cando en España se alcanzou a cifra de case cinco millóns de parados.
A vicepresidenta segunda do Goberno terá que contestar a unha pregunta do deputado Arsenio Fernandez sobre as medidas que pensa adoptar para que os estaleiros españois poidan seguir operando co sistema de axudas fiscais á construción de buques.
Á interpelación do Grupo Popular ao Goberno versará sobre as medidas que vai adoptar para garantir o control do cumprimento da legalidade nas entidades de xestión dos dereitos recoñecidos na Lei de Propiedade Intelectual, especialmente a SGAE.
Neste Pleno abordaremos tamén o importante debate relativo ao obxectivo de estabilidade orzamentaria para o período 2012-2014 e o límite de gasto non financieiro do Estado para 2012.