Fai poucas horas o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseguraba trala rolda de prensa do Consello, que “Galicia seguirá cumprindo o obxectivo de estabilidade presupostaria, o obxectivo de blindar os servizos públicos esenciais e seguirá esforzándose ao máximo para que os galegos sufran o menos posible os incumprimentos do Goberno central”. “A pesar –dixo- do incumprimento continuado do acordo de financiamento coa comunidade, a Xunta seguirá sendo solvente e consecuente. A Xunta seguirá sendo responsable e manteremos o rigor que plantexamos coa solvencia das contas públicas”.
Sen dubida algunha é una decisión seria e responsable, que ven forzada polo incumprimento do Goberno Central do acordo de financiamento, privando a Galicia, no ano 2011, de 805 millóns de euros -dos cales 243 millóns de euros- estaban presupostados na Lei de Orzamentos de 2011.
Difícil tarefa a do Goberno galego para realizar os necesarios axustes que permitan paliar os 243 millóns negados á Galicia no Consello de Política Fiscal e Financeira, preservando os servizos públicos esenciais e tratando que teñan o mínimo impacto posible nas capacidades de investimento da comunidade.
O meu apoio a esta política da Xunta nun momento económico e social dunha enorme gravidade.