viernes, 12 de agosto de 2011

Reclamo a comparecencia de José Blanco ante a Comisión de Fomento do Congreso antes da disolución das Cortes Generales para falar do AVE a Galicia


Hoxe en Santiago de Compostela comparecin en rolda de prensa para reclamar a comparecencia do ministro de Fomento, José Blanco, ante a Comisión de Fomento do Congreso antes de que teña lugar a disolución das Cortes Generales, o vindeiro 27 de setembro.

Dixen que é necesario recibir explicaciones en sede parlamentaria, diante dos deputados que lle poden pedir explicacións e respostarlle e non en roldas de prensa nin en mítins ou a través de voceiros.

Apuntei que se existen dificultades económicas e financieiras importantes non podemos seguir dicíndolle á xente que eso no afecta a algo que si o fai. E que os populares non imos a ser cómplices doutro engano aos galegos.

Incidín en que esta lexislatura non está rematada e que polo tanto estamos a tempo de salvar un tema prioritario. Oportunidade de ouro para dicir aos galegos á verdade, igual que o tería que facer na comisión de seguemento.

É imprescindible que na comparecencia se fale de presupostos e de execución presupostaria, posto que a experiencia da execución orzamentaria de Fomento fai temer o peor.

Neste senso, lembrei os antecedentes do acontecido cos orzamentos do ministro José Blanco e, sobre todo, coa súa execución.

Así, afirmei que Fomento deixou sen gastar en 2010 en alta velocidade na provincia de Ourense, un total de 221’405 millóns de euros, dos que 32’765 millóns foron do tramo Lubián-Ourense e 188’64 do Ourense-Santiago.

Referin que no tramo de Lubián-Ourense, dos 36 millóns orzamentados, ADIF só gastou o nove por cento, deixando sen gastar 32’765 millóns de euros.

E que no caso de Ourense-Santiago, dos 280’412 millóns de euros orzamentados, Seitsa só gastou o 32,72 por cento, deixando sen gastar 188’64 millóns de euros.

Indiquei que o ministro de Fomento non pode instalarse nunha senda de fuxida cara adiante e non atender nin a razón nin a argumentos, instalado únicamente nunha práctica política baseada na descalificación e no insulto.

Engadin que Blanco debe lembrar a súa primeira comparecencia no Congreso como ministro, o 26 de maio de 2009, na que dixo que “antes había moita fuxida cara adiante, fuxidas cara adiante de aqueles que puñan prazos que se sabía que non se podían cumprir”.