Onte coñecemos por medio da estatística de hipotecas do INE correspondente a xuño de 2011 que o número de fincas hipotecadas foi de 32.680, un 42,4 % menos que no mesmo mes de fai un ano e que o importe medio das hipotecas constituídas nese mes aumentou un 0,2% en taxa interanual e alcanzou os 120.478 euros.
No caso das hipotecas constituídas sobre as vivendas, o importe medio é de 109.431 euros, un 8,2% menor que en xuño de 2010 e un 0,5% inferior ao rexistrado en maio de 2011.
Segundo esta estatística as Caixas de Aforro son as entidades que conceden maior número de préstamos hipotecarios durante xuño (47,5% do total), seguidas dos Bancos (37,7%) e Outras entidades financeiras (14,8%).
E en canto ao capital prestado, as Caixas de Aforro conceden o 44,0% do total, os Bancos o 40,7% e Outras entidades financeiras o 15,3%.
O tipo de interese medio en xuño de 2011 é do 4,12%, o que supón un aumento do 4,8% en taxa interanual e un incremento do 1,0% respecto de maio de 2011.
O 94,5% das hipotecas constituídas en xuño utilizou un tipo de interese variable, fronte ao 5,5% de tipo fixo. Entre os variables, o Euribor é o tipo de referencia máis utilizado na constitución de hipotecas, en concreto no 87,0% dos novos contratos.
Estos datos provisionais evidencian un desplome na concesión de hipotecas expresivo do parón no mercado da vivenda.
Veremos que dan de sí no próximo cuatrimestre as novas medidas adoptadas recentemente polo executivo socialista en relación co IVE das vivendas.
Fonte: INE