Hoxe coñecimos que o Consello de Ministros autorizou ao Ministerio de Fomento a licitar, a través de Adif, a construción de novos tramos da plataforma da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia, na provincia de Ourense. Trátase dos tramos Campobecerros-Portocamba e Portocamba-Cerdedelo, por importe global de 221.252.031,6 euros (IVE incluído).
O Ministerio de Fomento informa que o tramo Campobecerros-Portocamba ten unha lonxitude de 4,2 km e discorre polos termos municipais de Castrelo do Val e Laza. O seu orzamento de licitación fixouse en 104.581.324 euros (IVE incluído). O proxecto contempla a construción dos túneles de Portocamba (3.745 m) e a plataforma dun posto de banalización en Campobecerros.
Pola súa banda, o tramo Portocamba-Cerdedelo, de 2,3 km de lonxitude, conta cun orzamento de licitación de 116.670.707,6 euros e discorre polo termo municipal de Laza. O proxecto contempla a construción dos túneles de Cerdedelo (1.700 m) e do viaduto de Teixeiras.
O exdcutivo informa que ambosproxectos, cuxo trazado deseñouse para dobre vía de alta velocidade en ancho internacional (1.435 mm), conteñen as actuacións necesarias para a execución das obras de infraestrutura, talles como movementos de terra, obras de drenaxe, estruturas, túnel, reposición dos servizos e servidumes afectadas, incluíndo as conexións transversais que aseguran a permeabilidade viaria da liña.
Unha boa noticia que nos alegra aínda que chegue con máis de sete meses de atraso, pués se se cumpriu o Pacto do Obradoiro teríase que producir antes de finalizar 2010.