lunes, 22 de agosto de 2011

O Goberno vive de prestado co seu enésimo paquete de medidas e compromete os Orzamentos do futuro



Hoxe a portavoz do Grupo Popular, Soraya Saénz de Santamaría compareceu en rolda de prensa para valorar o pleno que se celebrará mañá no Congreso asi como o novo paquete de medidas presentado polo Goberno tras os "sobresaltos económicos" que se rexistraron durante o mes de agosto.
 
Recordou que foi o GPP quen  reclamou a comparecencia do Presidente do Goberno nun Pleno extraordinario "para que explique e faga unha análise da situación económica e financeira; para que explique os compromisos que podía haberlle requirido ou podía asumir coa UE e para que dea conta das medidas que pensaba pór en marcha ante esta situación".

Soraya afirmou que o Decreto-Lei aprobado polo Consello de Ministros o venres 19 fai o número 40, en 40 meses de lexislatura, "de medidas inconexas que o Goberno foi presentando para afrontar a crise ante a ausencia dun plan global".

Examinou as medidas incluídas no Decreto-Lei que se verá mañá no Congreso, comezando pola achega ao rescate de Grecia, "onde quero incidir en que case se duplica a garantía que ten que achegar España, como consecuencia da rebaixa da cualificación da nosa débeda".

En segundo lugardixo que o Decreto inclúe a rebaixa do IVE para adquisición de vivenda nova do 8% ao 4%, que asegurou que "quizá sexa un dos exemplos máis claros de incongruencia e incoherencia do Goberno á hora de afrontar o asunto da vivenda e a crise en xeral". "É unha medida moi temporal e limitada, e o Goberno terá que explicar o porqué desa limitación de catro meses".

Na súa opinión, a iniciativa relativa aos pagos fraccionados e os anticipos a conta das grandes empresas "pon en evidencia que xa o Goberno vive de prestado". "Zapatero quere en oito anos de lexislatura gastarse o orzamento de polo menos nove anos, gobernar e gastar co que outros Gobernos deberían xestionar no futuro". "É dicir, vaise a gastar o diñeiro que non lle corresponde, o diñeiro que deberían xestionar outros, comprometendo xa que logo os Orzamentos do futuro e faio a conta das empresas", subliñou.

Finalmente, referiuse ás medidas de gasto farmacéutico, asegurando que son unha nova "incongruencia" do Executivo, que "terá que explicar agora a súa posición respecto das medidas de aforro farmacéutico que adoptaron algunhas CCAA, como é o caso de Galicia, que ata chegou a recorrer".

En resumo, para a nosa voceira, o Decreto-Lei do Goberno, "lonxe de incrementar a confianza incrementa a inseguridade, e componse de medidas que nin xerarán crecemento económico nin axudarán á creación de emprego". "É un novo paquete de medidas para encher o tempo que resta para as próximas eleccións pero que non dan nin unha esperanza, nin un indicio de melloría desta crise".

Mañá veremos a Mariano Rajoy, explicar a posición do Grupo Popular na votación, na que non podemos votar dunha nunha, senón que hai que votar o lote e o empaquetamiento que fai o Goberno.