lunes, 29 de agosto de 2011

Seguen caendo as vendas do comercio polo miúdo



Hoxe o Instituto Nacional de Estatística deu a coñecer os datos provisionais dos Índices de Comercio polo miúdo (ICM)- Base 2005 - correspondentes ao mes de xullo de 2011.

E así coñecemos estes resultados:

- O Índice Xeral de Comercio polo miúdo a prezos constantes rexistra unha variación interanual do - 6,0 % en xullo, máis dun punto e medio por encima da rexistrada en xuño.

- A taxa da media das vendas do sector do comercio polo miúdo sitúase no - 5,6% nos sete primeiros meses do ano respecto ao mesmo período de 2010.

- Todos os modos de distribución diminúen as súas vendas respecto de xullo de 2010.

- As vendas do comercio comerciante polo miúdo suman trece meses con signo negativo, tras a subida do 0,9% que experimentaron en xuño de 2010.

- A ocupación no sector do comercio polo miúdo descende un 0,5% en taxa interanual. Por modos de distribución, só as Grandes cadeas rexistran unha taxa interanual positiva, do 1,2%.

No conxunto do sector comercio polo miúdo, a ocupación media rexistra unha taxa do -0,4% nos sete primeiros meses do ano respecto ao mesmo período do ano anterior.

- Todas as comunidades autónomas presentan variacións interanuais negativas nas súas vendas polo miúdo en xullo. O emprego descende en 10 comunidades.

En definitiva uns datos preocupantes que mostran a gran debilidade da nosa demanda interna.

Fonte: INE