Hoxe no Pleno do Congreso dos Deputados debatemos a Proposición de reforma do artigo 135 da Constitución Española impulsada polos grupos parlamentarios Socialista e Popular.
En nome do Grupo Popular, Soraya Sáenz de Santamaría, afirmou que con esta reforma “damos unha oportunidade a España, posto que do que falamos é de se empezamos a saír da crise ou nos afundimos máis nela”.
Defendeu a necesidade desta reforma constitucional “con máis motivos que fai un ano, cando Mariano Rajoy propúxoa. Entón era conveniente, agora é imprescindible”, salientou.
Tamén, recordou que os españois levan moito tempo pedindo medidas útiles fronte á crise e “ese, e non outro, é o debate que nos convoca hoxe”. Unha resposta que vai dirixida a case cinco millóns de españois que buscan un emprego.
Sáenz de Santamaría, afirmo na tribuna que esta reforma constitucional supón así mesmo “a resposta máis oportuna á convulsión financeira e á incerteza económica que vivimos este mes de agosto, a condición básica para non repetir os erros e excesos que se produciron estes anos, e a clara mensaxe de credibilidade que necesita o noso país para reforzar a súa solvencia exterior”.
En último lugar, remarcou que “hoxe non é o día para expor algúns asuntos que nada teñen que ver co obxecto desta reforma, con máis razón tras un verán no que se viviu a crise de débeda máis grave da historia da UE"
Por iso, apelou ao sentido común e á moderación dado que “é o momento de supeditar a visión de partido ao sentido de Estado” á vez que destacou a vontade de acordo mostrada polo PP neste proceso, buscando “puntos de encontro ata o último minuto para ampliar aínda máis a extensa maioría que sustenta este Pacto” así como a idea de, coa “nosa proposta de transacción e xunto co PSOE, implicar aínda máis a colaboración e participación das Comunidades nun esforzo que ten que ser compartido”.
Finalmente o Pleno do Congreso dos Deputados aprobou a Proposición de reforma do artigo 135 da Constitución Española xa que contou co respaldo de 316 deputados e o voto en contra de 5, e polo tanto obtivo a maioría de tres quintos necesaria para ser aprobada e remitida ao Senado.
A proposta de reforma do artigo 135 da Constitución será agora remitida ao Senado co texto orixinal impulsado polos grupos proponentes, tras o rexeitamento da Cámara Baixa a todas as emendas presentadas polos grupos parlamentarios, e ante a imposibilidade de votar duas enmendas transaccionais pactadas con CiU.