jueves, 29 de septiembre de 2011

Balance de Lexislatura


Hoxe comparecemos en rolda de prensa os parlamentarios en Cortes do Partido Popular pola provincia de Ourense: os senadores Carmen Leyte, Isaac Vila e Miguel Pérez de Juan, a deputada Ana Belén Vázquez e eu mesmo.

Tratábase de facer un balance da IX Lexislatura que acaba de concluír coa publicación o pasado martes do Decreto de disolución e convocatoria de eleccións xerais.

Comecei dando conta da actividade do Grupo Parlamentario Popular no Congreso, que promoveu un total de 165.083 iniciativas parlamentarias, das que 97 foron proposicións de lei e 251 non de lei en Pleno, ademais de 858 en comisión. E dei conta de que os tres deputados populares ourensáns nesta lexislatura (Jesús Vázquez, Ana Vázquez e eu mesmo) presentamos un total de 5.000 iniciativas de impulso e de control.

Carme Leyte deu conta da actividade do Grupo Parlamentario Popular no Senado, onde os nosos tres representantes presentaron 2.182 iniciativas, e explicou os moitos e variados temas nos que traballaron.

Ana Vázquez a continuación fixo un repaso á situación socioeconómica de España e da nosa provincia, logo destes case catro anos de goberno de Rodríguez Zapatero. Así informou como desde marzo de 2008 ata agosto de 2011, o paro rexistrado crecera en 2.178 persoas na capital e en 4.247 persoas na provincia. E deu os datos do mesmo período de afiliación á seguridade en alta (media do mes) e así resulta que na provincia de Ourense hai 5.654 afiliados menos, dos que 2.329 son autónomos.

Isaac Vila pola súa banda aludiu á moi difícil situación das Comunidades Autónomas como consecuencia dos problemas derivados dos erros de presupuestación do Goberno central, con obrigación agora de devolver sumas importantes e ademais as non transferencias de recursos que deberían facerse por aplicación do sistema de financiamento pactado. Tamén se referiu aos problemas dos Concellos e aludiu a dous incumprimentos do Goberno na súa zona: en concreto os atrasos na posta en servizo do cuartel da Garda Civil de Xinzo e o abandono do proxecto dos regadíos da Limia.

A continuación fixen unha análise de situación dos principais proxectos investidores do Estado na nosa provincia tras o paso destas dúas lexislaturas.

En relación co AVE entre Lubián e Ourense dixen que acumula unha demora monumental nestes case máis de sete anos de xestión do goberno de Zapatero. Incumpriuse o prazo de 2009, o do 2012 - comprometido logo recoñeceuse como falso e o comprometido agora por Blanco, 2015, leva o mesmo camiño. Apuntei que todo indica que no mellor dos casos ímonos ao ano 2018 para a súa conclusión. E novamente pedín que se convocase a Comisión de Seguimento do Pacto do Obradoiro para que no marco dun contexto financeiro de aguda crise económica revísense os prazos e explíquese o cadro de licitacións e adxudicacións así como o financeiro deste proxecto. Trátase de facer obras pero tamén de pagalas.

A continuación dixen que o 4 de decembro de 2011, seis días antes da inauguración prevista da liña de AVE entre Ourense e Santiago, cumpriranse 8 anos desde a primeira licitación de proxecto e obra dun dos doce tramos (Ourense-Amoeiro) en que se dividiron os 87 km este eixo. Recordei que cando toma posesión o 28 de abril de 2004 a ministra Magdalena Álvarez, o BOE xa publicara a adxudicación polo Goberno do PP do proxecto e obra de dez dos doce tramos. E atopábanse pendentes de adxudicación outros dous. Dixen que aínda que se inaugure esta liña con tres anos de atraso, estaremos moi satisfeitos o 10 de decembro pois estamos ante unhas obras consecuencia dun traballo colectivo de dous gobernos de cores diferentes e ao final patrimonio común de todos os cidadáns que custean cos seus impostos o seu financiamento.

Sobre o AVE entre Ourense e Vigo dixen que incumprindo o Pacto do Obradoiro, o Ministério de Fomento, cun enorme atraso, en lugar de licitar proxecto e obra conxuntamente, decidiu licitar o 29 de xuño de 2010 só os proxectos e para iso básicos, non os construtivos. E por suposto abandonouse a fómula prevista de colaboración público-privada. Apuntei que acumula uns atrasos que nos poden levar a un horizonte nunca inferior a 2018.

Sobre o AVE entre Ourense e Lugo, recordei que o 27 de xaneiro de 2003 aprobouse tecnicamente, o estudo informativo desta liña e acordouse sometelo a información ao público e que seis anos despois o BOE do 26 de xaneiro de 2009, publicaba a Declaración de Impacto Ambiental desta liña Ourense-Monforte. E atopámonos cunha soa vía, que ademais en 18,1 km (desde Ourense a Peares) non permitía velocidades superiores a 120 km/hora. Así o 30 de decembro de 2009 o Ministerio de Fomento encomendou a redacción dun novo estudo informativo do tramo Ourense-Monforte de Lemos xa que o anterior estudo non cumpría os parámetros de alta velocidade. Dixen que a realidade é que a data de hoxe unicamente atópase en obras un pequeno subtramo desta liña: a variante de Pobra de San Xiao, de 7,5 km de lonxitude, no tramo Monforte- Lugo, que foi adxudicada en decembro de 2006. Concluín dicindo que acumula uns enormes atrasos que nos poden levar a un horizonte nunca inferior a 2018.

Sobre o AVE entre Ourense e Ponferrada recordei que O Ministerio de Fomento adxudicou o 12 de xuño de 2003 a redacción do Estudo informativo do proxecto de liña de alta velocidade Ponferrada-Monforte de Lemos e que oito anos logo daquela adxudicación, non se sabe nada de devandito estudo informativo. O 22 de xullo de 2010 o Ministro Blanco dixo na Comisión de Fomento que non tiña contemplado o AVE de Monforte a Ponferrada e que está liña debería ser un gran corredor de mercancías.

En relación coa integración ferroviaria na cidade de Ourense, recordei que se van a cumprir dous anos desde que se presentaron por centenares de ciuidadanos e colectivos as súas alegacións ao estudo informativo, sen que se responderon aínda, o que é evidencia dunha falta de respecto democrático. E a preguntas dun xornalista dixen que o noso obxectivo é que se o PP gaña as eleccións xerais, o novo Ministerio de Fomento encargue un estudo de viabilidade técnica e económica do soterramento das vías en polo menos os últimos 2,5 quilómetros.

A continuación fixen un repaso aos principais proxectos investidores en materia de estradas, nos que os avances son inexistentes ou moi pobres.

Resaltei en positivo que o 19 de xuño de 2010 tivo lugar o acto de inauguración e posta en servizo da nova Autovía A-75 entre Verin e a fronteira portuguesa, e da Ponte Internacional entre Feces de Abaixo e Vilaverde dá Raia. Unha autovía que desde o 11 de novembro de 2003 tenia aprobado de modo definitiva do estudo informativo e que tardou seis anos desde que licitou o proxecto da autovía ata que a inaugurou. É moito tempo para executar tan só 12,7 km., pero en calquera caso unha excelente noticia para Ourense e o norte de Portugal, e moi especialmente para a comarca de Verin.

Sobre a A-76, Autovía entre Ourense e Ponferrada dixen que estamos á espera de que se licite xa a redacción dos proxectos desta importante infraestrutura, ben integramente ou ben por tramos. Os problemas ambientais puntuais que afectaron a non máis de catro quilómetros, dos 150 km de lonxitude do trazado, foron resoltos e non é de recibo que se tivo paralizado o conxunto dunha autovía cando se podía ir licitando por tramos. Recordei que o 9 de febreiro de 2010, no Senado, o ministro comprometeuse a que antes de que concluíse 2010 licitaría os proxectos da A-76, que constituían a fase previa á contratación da obra. Desde logo non o cumpriu.

Sobre a Autovía A-56 recordei que esta autovía ten un tronco común coa autovía A-54 Santiago-Lugo, que é Lugo-Guntín, de 23 km. E que a distancia entre Guntín e Ourense é de 68 km. Dixen que o BOE de 21 de maio de 2003 publicou o anuncio do Ministerio de Fomento (PP) que aprobou provisionalmente e iniciou o período de información ao público do estudo informativo. E que a data de hoxe logo de dúas lexislaturas de goberno socialista, a Autovía A-56 entre Guntín e Ourense non ten un só quilómetro concluído. Só se realizaron obras menores nun tramo e foron incumpridos todos os prazos. Esta autovía foi relegada polo executivo de José Blanco, que en xullo do pasado ano anunciou a rescisión de dous contratos desta autovía.

Sobre a circunvalación norte de Ourense recordé que se trata dunha estrada de só 5,8 quilómetros cuxo estudo inicial aprobouse en xaneiro do 2001 e que o compromiso do Ministerio de Fomento era ter finalizada a redacción do proxecto de construción da Variante Norte de Ourense en outubro de 2008. E afirmei que dez anos logo da aprobación do estudo inicial, Fomento non ten aprobado definitivamente o proxecto. Terminaron as dúas lexislaturas socialistas sen que se executara un só metro de circunvalación.

Respecto da circunvalación do Barco dixen que se computamos desde o 24 de xuño de 2005 atopámonos que transcorreron máis seis anos desde que se licitou coa súa publicación no BOE a redacción do estudo informativo, ata que se licitou a redacción do proxecto. Todo un record de ineficiencia, ineficacia e abandono por parte do Ministerio de Fomento de Magdalena Álvarez e de José Blanco. A triste realidade é que terminarán as dúas lexislaturas socialistas sen que se executou un só metro de circunvalación.

Xa ao final da rolda de prensa referinme ao proxecto da Biblioteca Pública e do arquivo Histórico Provincial de Ourense. Un proxecto cuxas obras iniciais foron adxudicadas o 4 de novembro de 2003 sendo Mariano Rajoy Ministro de Cultura, que estiveron paralizados durante varios anos, nas que se deixaron sen gastar máis de trece millóns de euros orzados e que ha día de hoxe non se renovaron. Pasaron tres ministros socialistas de Cultura e non foron capaces en dúas lexislaturas de terminar esta obra.

E sobre a Estación Depuradora de Augas Residuais de Ourense, destaque que desde que o 17 de abril de 2007 licitouse o contrato de elaboración dun estudo de alternativas de nova localización as obras, valoradas en 66 millóns de euros non foron nin licitadas.
 
http://www.laregion.es/noticia/173329/ourense/convencido/estudiar/soterramiento/vias/compromete/rajoy/presidente/

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/09/30/delgado-dice-pp-gobierna-estudiara-soterrar-vias-integracion-ave/584368.html


http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/09/30/0003_201109O30C5991.htm

2fwww.crtvg.es%2ftvg%2finformativos%2fo-pp-pide-que-se-revisen-os-prazos-do-ave-polo-retrasos-acumulados-134906