Fai escasos mintos concluíu a última sesión plenaria da IX Lexislatura.
Neste Pleno do con 176 votos a favor, 2 en contra e 166 abstencións, foi acordada a convalidación do Real Decreto-Lei 13/2011, de 16 de setembro, polo que se restablece o Imposto sobre o Patrimonio, con carácter temporal. Tamén coa nosa abstención foi convalidado o Real Decreto-Lei 14/2011, de 16 de setembro, de medidas complementarias en materia de políticas de emprego e de regulación do réxime de actividade das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Tamén debatemos e votamos as emendas presentadas polo Senado ao Proxecto de Lei de Reforma da Lei 22/2003, de 9 de xullo, Concursal, do Proxecto de Lei reguladora do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, do Proxecto de Lei pola que se modifica a Lei 35/2003, de 4 de novembro, de Institucións de Investimento Colectivo, do Proxecto de Lei pola que se modifica a Lei 24/1988, de 28 de xullo, do Mercado de Valores.

Tamén votamos as emendas incorporadas ao texto durante a súa tramitación no Senado ao Proxecto de Lei reguladora da xurisdición social. Así mesmo, votamos as emendas propostas pola Cámara Alta ao Proxecto de Lei Xeral de Saúde Pública; o Proxecto de Lei de medidas de axilización procesual e de reforma do artigo 35 da Lei 53/2002, de 20 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social (anteriormente denominado Proxecto de Lei de medidas de axilización procesual) e , para rematar, o Proxecto de Lei sobre titularidade compartida das explotacións agrarias.
Fixen esta fotografia no hemiciclo en recordo deste especial día no que se sucederon as mostras de afecto entre os deputados de todas as forzas políticas.
Fixen esta fotografia no hemiciclo en recordo deste especial día no que se sucederon as mostras de afecto entre os deputados de todas as forzas políticas.