Mañá intervirei nun debate na Comisión de Fomento do Congreso, que primeiramente ten lugar por iniciativa do noso Grupo Parlamentario Popular xa que o 6 de maio pedimos a comparecencia do Ministro de Fomento, para que “informe con detalle do acordo do Consello de Ministros de data 08/04/2011 polo que se autoriza ao ministerio de fomento á licitación, a través de Adif, do contrato de colaboración público-privada para a redacción dos proxectos e a execución das obras da montaxe de vía da nova conexión de alta velocidade no tramo comprendido entre Olmedo (Valladolid), Zamora e Ourense, así como o mantemento do tramo Olmedo-Ourense-santiago de Compostela” e tamén para informar “sobre o proceso de licitación polo procedemento do concurso público convencional das obras de acceso en alta velocidade a Galicia no tramo Requejo-Ourense, así como da programación orzamentaria para tal finalidade”