lunes, 19 de septiembre de 2011

A estación de montaña de Manzaneda: unha aposta que debemos manter


Onte o Diario “La Región” publica unha reportaxe do xornalista José Cruz no que aborda a situación da estación de montaña de Manzaneda, dando conta que no último lustro, as súas instalacións acolleron 95.299 pernoctaciones, o que supón unha media anual de 19.060, segundo os datos que manexa Manzaneda Estación Invernal S.A. (Meisa). E que á súa vez, 583.067 persoas visitaron o complexo entre 2007 e 2011, cunha media de 145.766 visitas por ano.

Recolle a opinión de distintas persoas, empresarios e políticos sobre o futuro da nosa estación de montaña.

Entre outras a miña que é moi clara: “É un activo moi importante na oferta turística da provincia, o que acredita os investimentos realizados nela, ademais é a única de Galicia e unha das apostas que desde logo Ourense debe manter”



http://www.laregion.es/noticia/171423/empresarios/politicos/claman/dinamizar/estacion/montana/