Hoxe o BOE publica o Real Decreto 1329/2011, de 26 de setembro, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de elecciones.
O artigo 78 da Constitución Española prevé que en cada Cámara haberá unha Deputación Permanente composta por un mínimo de vinte e un membros que representarán aos grupos parlamentarios, en proporción á súa importancia numérica. Dí o citado artigo que terán como funciones a prevista no artigo 73, a de asumir as facultades que correspondan ás Cámaras, de acordo cos artigos 86 e 116, no caso de que estas houberen sido disoltas ou houber expirado o seu mandato, e a de velar polos poderes das Cámaras, cando estas non estean reunidas.
Expirado o mandato ou en caso de disolución, as Deputacións Permanentes seguirán exercendo as súas funcións ata a constitución das novas Cortes Xerais.
Polo tanto a Deputación Permanente é un órgano de natureza especial ao que corresponde velar polos poderes da Cámara cando esta non está reunida.
Cumpre un papel de substituto do Pleno do Congreso para que determinadas e especiais funcións non queden desatendidas cando o Congreso sexa disolto ou expire o seu mandato. Tal é o que ocorre coa convalidación dos decretos-leis ditados polo Goberno, e coa información, autorización e declaración, segundo os casos, dos estados de alarma, excepción e sitio.
Os seus membros distribúense en forma proporcional entre os distintos grupos parlamentarios, para reflectir a composición da Cámara. O seu Presidente é o propio Presidente do Congreso.
Na actualidade a Deputación Permanente conta cun total de 51 membros titulares – entre os que me inclúo - e 51 membros suplentes.
http://www.boe.es/boe/dias/2011/09/27/pdfs/BOE-A-2011-15160.pdf
http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/Hist_Normas/Norm