Despóis do período estival retomamos a tertulia de Radio Voz que dirixe Antía Díaz. Falamos da aprobación onte no Senado da reforma do artigo 135 da Constitución e que contóu co respaldo de 232 senadores dos 235 que votaron.
Afirmei a lexitimidade dunha reforma constitucional avalada a pasada semana polo Congreso por 319 deputados dos 336 que votaron, e decir o 94 % e refrendada agora pola Cámara Alta.
Dixen que esta reforma, que o PP apoia con convicción, establece como mandato constitucional a disciplina orzamentaria, e que achega garantías para buscar unha maior transparencia de Goberno, evitar que se trasladen a xeracións futuras as consecuencias dos excesos orzamentarios e facilitar o financiamento da economía española.
Ademais esta reforma, - que limita o nivel de déficit público de todas as administracións públicas, Estado, Comunidades Autónomas e Entidades Locais- serve para que España gañe credibiilidade na Zona Euro, algo absolutamente necesario.
Rematei dicindo que obxectivo final e garantir a viabilidade do sector público e a sustentibilidade do estado do benestar, nun país que vive unha situación crítica.