Hoxe, no Consello da Xunta de Galicia tivo lugar a aprobación do primeiro Proxecto de Lei reguladora da Política Industrial de Galicia – que en palabras do presidente Alberto Núñez- “é pioneiro e impulsa un modelo estratéxico baseado na innovación, na internacionalización e na competitividade da economía”.
O presidente da Xunta na rolda de prensa posterior ao Consello referiuse, tamén, aos catro aspectos máis destacados deste proxecto: a visión estratéxica da política industrial; o fomento da cooperación empresarial; a participación e concertación; e explicitar facilidades para a implantación de empresas.
Coido que esta iniciativa da conselleira de Economía e Industria, que dirixe Javier Guerra é fundamental para acadar unha planificación industrial integrada e global na nosa Comunidade.
Parabéns a Xunta e agardemos que este proxecto enriquezase cas aportacións da Mesa do Diálogo Social e dos Grupos Parlamentarios no Parlamento.