O pasado fin de semana e os primeiros días desta evidencian que podemos estar asistindo a unha orquestrada estratexia incendiaria delituosa orientada á destrución do noso medio natural.
A propia Consellería de Medio Rural informou que o 90 por cento dos máis de 400 incendios acontecidos foron provocados.
Estanse aplicando todos os medios de extinción dun modo extraordinario pero desde logo bótase de menos un dispositivo excepcional das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para extremar a vixilancia dos montes e estradas forestais, disuadindo aos incendiarios e para a investigación dos lumes provocados.
Non pode nin debe quedar a sensación de que estas condutas delicitivas quedan impunes.
Unha situación extraordinaria esixe medidas extraordinarias.
http://www.europapress.es/sociedad/medio-ambiente-00647/noticia-delgado-pp-pide-mayor-implicacion-gobierno-central-contra-incendios-forestales-galicia-20111019192815.html
http://www.ourensedixital.com/_novas/11/10/20_02.htm