viernes, 21 de octubre de 2011

Comité de Campaña do PP de Galicia




Celebramos esta mañá, unha xuntanza do Comité de Campaña onde por primeira vez asistimos os candidatos do PPdeG ao Congreso e ao Senado.

Abordamos a campaña explicativa que desenvolveremos desde o vindeiro luns por toda Galicia para explicar as incompetencias do Goberno de Zapatero, este sete anos e seis meses desde a súa chegada a Móncloa en abril de 2004.

Como explicou o noso secretario xeral, Alfonso Rueda, a campaña do PPdeG de cara ao 20N será moi intensa nas redes sociais, dinámica e, sobre todo, de contacto directo coa xente a pé de rúa.

Un feito importante da precampaña é que Rajoy presentará o programa nacional do PP en Galicia e que o noso candidato a presidencia do Goberno tamén estará o día 29 nun acto na Coruña.