Hoxe na Convención foi o momento no que o presidente Alberto Núñez Feijóo, inteveu en presenza dunha numerosa delegación do PP de G para destacar que “España necesita recuperar a súa autoestima e asegurou que dispón de todos os elementos necesarios para saír da crise e progresar, por exemplo, un pobo esforzado e comprometido cos seus deberes; unha cidadanía capaz de traballar de sol a sol calquera día da semana; os mellores profesionais, heroes anónimos; referentes como o foi Manuel Fraga no PP; unha mocidade formada e crítica; ideas e emprendedores; e políticos responsables e comprometidos, como Mariano Rajoy•"
Fixo tamén fincapé en que “España necesita un Goberno que se tome en serio a economía, xa que dela dependen as familias e a política social, e que se tome en serio aos pobos esforzados, como Galicia, e ao conxunto dos cidadáns”.
Lembrou que: “somos a mesma nación que estivo á fronte dos indicadores económicos positivos, a que creaba máis emprego que o resto de Europa, a que foi un exemplo de rigor nas súas contas e a que creou un sistema de benestar a imitar no resto do mundo".
Afirmou que “a improvisación, o malgasto, a división absurda entre territorios, comunidades, concellos e cidadáns cando se necesita cooperación entre todos, así como a frivolidade, tomándose á lixeira os problemas da sociedade, poden ter data de caducidade: o próximo 20 de novembro.”
E destacou que “o futuro non é negar a realidade senón afrontala; non é o malgasto senón a austeridade; non é a continua improvisación senón a planificación; e non é preocuparse das débedas senón pagar aos provedores.
Tampouco é gastar máis por gastar, senón gastar ben e mellor; non é crer que o déficit é un saco sen fondo e despreocuparse senón equilibrar as contas; non é crear desconfianza sobre os emprendedores senón apoialos.”
Tamén tivemos tempos para sacarnos unha foto, seis galegos: o presidente nacional, o de Galicia, e os catro cabezas de lista.
Tamén tivemos tempos para sacarnos unha foto, seis galegos: o presidente nacional, o de Galicia, e os catro cabezas de lista.