jueves, 20 de octubre de 2011

Reunión da Deputación Permanente do Congreso


Como xa dixen nunha anterior entrada, formo parte da Deputación Permanente do Congreso que ten entre as súas funcións, nos casos de disolución ou expiración do mandato a de asumir todas as facultades que en relación cos Decretos-leis atribúe ao Congreso dos Deputados o artigo 86 da Constitución.

Así hoxe, celebramos reunión da Deputación Permanente para debater e votar a convalidación ou derrogación de dous reais decretos-lei aprobados polo Goberno.

En primeiro lugar o Real Decreto-Lei 15/2011, de 14 de outubro, polo que se conceden créditos extraordinarios e suplementos de crédito por importe de 4.221.162.023,96 euros, para atender obrigacións do Ministerio de Traballo e Inmigración e doutros departamentos ministeriais.

O segundo é o Real Decreto-Lei 16/2011, de 14 de outubro, polo que se crea o Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito.